Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Actividades de Entroido nas Bibliotecas Municipais e cambio de horario

Conceello de Redondela
08-02-2024
0
Actividades de Entroido nas Bibliotecas Municipais e cambio de horario

A Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, convida ao público de todas as idades a participar nas actividades de Entroido pintando máscaras con cartón de refugallo. Na biblioteca poderán atopar todo o material que precisen e os participantes, nenos e adultos, terán que poñer a súa imaxinación e enxeño. Ademais animas aos participantes destes obradoiros a acudir disfrazados. As actividades faranse na Sala Infantil da Biblioteca Xela Arias hoxe xoves e mañá venres de 16:00 a 21:00 horas e nas vacacións escolares, desde o luns 12 ata o mércores 14 en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas.

Durante o Entroido as bibliotecas mudarán o seu horario de atención ao público os días 11,12 e 13 de febreiro. A Biblioteca Xela Arias de Chapela estará aberta de 9.00 a 14.00 horas, mentres que a Biblioteca Valle-Inclán de Redondela abrirá a Sala Xeral de 9.00 a 14.00, a Sala Infantil de 10.30 a 13.30 e a Sala de Estudo no seu horario habitual agás o Martes de Entroido pola tarde que permanecerá pechada.