Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O Concello de Redondela asesora aos veciños para dar de alta os seus galiñeiros

Concello de Redondela
31-03-2024
0
O Concello de Redondela asesora aos veciños para dar de alta os seus galiñeiros

Os técnicos do Concello de Redondela están a axudar á veciñanza que o precise a desenvolver os trámites que a Xunta esixe para dar de alta os galiñeiros particulares. Esta obrigatoriedade de rexistrar todos os galiñeiros particulares ten por obxectivo mellorar o control sanitario das aves de curral (galiñas, patos, ocas, pavos, etc.). Así, todas as persoas con currais particulares en Redondela que o precisen poden achegarse ata o Concello, onde os técnicos municipais lles axudarán a cubrir a documentación necesaria para dar de alta os galiñeiros e todos os trámites de xestión desa alta. Ademais, o Concello lembra que aquelas persoas que queiran poden realizar o rexistro subíndoo á sede electrónica da Xunta. A maiores, o trámite tamén se pode realizar de xeito presencial na Oficina Agraria Comarcal de Redondela, Paseo da Xunqueira, nº15, en horario de 9.00 a 14.00 horas, teléfono 886 120 335.