Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Máis un terzo dos peregrinos que chegan a Redondela fano polo Camiño Portugués da Costa

Concello de Redondela
12-12-2023
0
Máis un terzo dos peregrinos que chegan a Redondela fano polo Camiño Portugués da Costa

Desde o 1 de abril ata o 30 novembro case 15.000 peregrinos atravesaron Redondela na súa peregrinaxe a Santiago de Compostela. Foron 14.859 os que pasaron pola Oficina de Turismo Municipal, 9.233 chagaron á vila polo Camiño Portugués tradicional e outros 5.626 (37,9%) fixérono a través do Camiño Portugués pola Costa. De todas as rutas xacobeas as dúas que conflúen en Redondela, a portuguesa tradicional e a da costa, son a segunda e a terceira máis utilizadas respectivamente. A do litoral é a que máis medra en número de peregrinos. Desde que se fixo oficial en 2016 o Camiño Portugués pola Costa é un atractivo máis para o turismo de Redondela. A concelleira Rita Pérez sinala que “permite ao camiñante coñecer tamén outros puntos do municipio menos visitados polos turistas, e cunhas espectaculares vistas ao seu paso por Chapela”.

Desde o 1 de abril e ata o 30 novembro deste ao case 15.000 peregrinos atravesaron Redondela na súa peregrinaxe a Santiago de Compostela. Foron en concreto 14.859 os que pasaron pola Oficina de Turismo Municipal, 9.233 chagaron á vila polo Camiño Portugués tradicional e outros 5.626 (37,9%) fixérono desde Chapela a través do Camiño Portugués pola Costa. É precisamente este camiño polo litoral o que máis medra en número de peregrinos de todas as rutas Xacobeas. Dos máis de 444.000 peregrinos que chegaron no que vai de ao a Compostela, un 32% fano seguindo o Camiño Portugués, xa sexa o tradicional (20%) ou o da costa (12%). Os dous conflúen en Redondela e, se ven o camiño polo interior segue a ser o máis transitado por detrás do Camiño Francés, o do litoral é o que máis medra de todas as rutas xacobeas desde que se fixo oficial en 2016. Trátase dun atractivo máis para o turismo de Redondela, explica a concelleira Rita Pérez, “xa que permite coñecer tamén outros puntos do municipio menos visitados polos turistas, e cunhas espectaculares vistas ao seu paso por Chapela”.

No caso de Redondela a media mensual de peregrinos é duns 1.875, pero a cifra varía moito en función do mes, superando de longo os 2.000 peregrinos mensuais nos meses de maio a xullo, e rondando os 3.000 en agosto e setembro.

En canto á procedencia dos peregrinos a cifra de estranxeiros supera á dos nacionais. As cifras da Oficina de Turismo de Redondela recollen que foron 8.902 os peregrinos internacionais por 5.957 españois. Alemaña (1.616), Portugal (1.382), Italia (948) e EUA (823) son os países de orixe maioritarios. En canto aos peregrinos españois a comunidade que máis se repite é Andalucía (1.601), seguida de Madrid (1.160), Valencia (791), Cataluña (528) e Galicia (321). É tamén salientable a diferencia que existe en canto á época do ano elixida para facer o Camiño se falamos de estranxeiros ou nacionais, porque se ben os alemáns e americanos prefiren os meses de primavera e outono, os españois fan o camiño maioritariamente en xullo e agosto.