Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Cine en familia no Nadal de Redondela

Concello de Redondela
25-12-2023
0
Cine en familia no Nadal de Redondela

A programación de Nadal do Concello de Redondela inclúe este ano a proxección de dúas películas de animación dirixidas ao público infantil e familiar. Serán o martes, 26 de decembro, coa película “Tadeo Jones 3: La Tabla Esmeralda”, un filme de aventuras e diversión que fará as delicias de pequenos e maiores. Xa en xaneiro, o mércores día 3, proxectarase “Minions, el origen de Gru”, unha longametraxe sobre os comezos “do vilán favorito” de nenos e nenas. A actividade, organizada pola concellería de Infancia, será no auditorio da Xunqueira ás 18.30 horas con entrada de balde. A concelleira Pilar Martínez salienta que se trata dunha excelente oportunidade “para que nenos e maiores poida gozar xuntos desta actividade e ver cine en Redondela con todas as comodidades”.