Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Comezan os cursos de memoria nas parroquias cunha gran participación

Concello de Redondela
20-02-2024
0
Comezan os cursos de memoria nas parroquias cunha gran participación

A alcaldesa, Digna Rivas, destaca a importancia de achegar estes cursos a toda a poboación “facilitando que poidan participar deles sen ter que desprazarse da súa parroquia”. A concelleira Pilar Martínez amosouse moi satisfeita da boa acollida destas actividades “que axudarán aos participantes a mellorar a súa calidade de vida, xa que reforza a atención, aumenta a agudeza auditiva e visual e prevén o deterioro da memoria”. Os cursos de memoria “Mente Activa”, que organiza a concellería de Maiores e Infancia en colaboración coa Fundación Formavigo comezan esta semana nas diferentes parroquias. A actividade colgou o cartel de “completo”, xa que a práctica totalidade das prazas ofertadas cubríronse con grupos de entre 12 e 14 alumnas e alumnos maiores de 55 anos. Son en total 14 grupos repartidos nas diferentes parroquias. Esta mañá arrancaron os de Cesantes e Ventosela. A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira Pilar Martínez visitaron ás alumnas e alumnos para agradecerlles a súa participación e animalos a aproveitar este tempo de formación “pero tamén lúdico e de lecer”. A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que estas actividades antes limitábanse a Redondela e Chapela, e que agora se imparten tamén no resto do territorio. A rexedora destaca a importancia de achegar estes cursos a toda a poboación “facilitando que poidan participar deles sen ter que desprazarse da súa parroquia”.


A concelleira Pilar Martínez amosouse moi satisfeita da boa acollida destas actividades “que axudarán aos participantes a mellorar a súa calidade de vida, xa que reforzan a atención, aumentan a agudeza auditiva e visual e preveñen o deterioro da memoria”. Os cursos son impartidos por María Martínez Barros, educadora social e xerontóloga, quen a través de xogos e exercicios fai que os participantes “melloren a lóxica, a comprensión lectora, a escritura e mesmo as súas relacións sociais”.

Os cursos, que son de balde, comezan esta semana nas asociacións e centros culturais de Cedeira, Quintela, CCD Cesantes, CCS A Miñoteira de Ventosela, AVV Chapela, ADC Rande, CC San Esteban de Negros, CC Saramagoso no Viso, CC Cabeiro, Asociación Soutoxuste, CC Vilar de Infesta, CC Cidadelle e Asociación Arela en Saxamonde.

Pilar Martínez adiantou xa que o vindeiro mes de marzo comezarán os cursos de Risoterapia e Musicoteparia que se impartirán tamén en todas as parroquias.