Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Dende as ondas: Día das Escritoras 2022

Concello de Redondela
17-10-2022
0
Dende as ondas: Día das Escritoras 2022

O luns 17 de outubro celébrase o Día das Escritoras . Unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, xunto coa" Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE)" e coa" Asociación Clásicas y Modernas", que naceu coa intención de reivindicar o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia.
O lema desta VII Edición é "Antes, durante e despois das guerras" e, entre outras actividades, leranse e interpretarán textos de mulleres determinantes para entender a nosa historia contemporánea.
As Bibliotecas Municipais de Redondela, como en anos anteriores, únense á celebración da efeméride, ao longo de toda esta semana, baixo o lema "Día das Escritoras 2022". E para iso, desta vez, contan, xunto coa colaboración da Radio Municipal de Redondela, coa participación da Asociación Española contra o Cancro en Redondela.
Durante a semana do 17 ao 21 de outubro e, a través das voces de cargos directivos e persoal voluntario desta asociación, retransmitiranse algúns dos textos seleccionados pola comisaria da edición, dentro da programación matinal de "A estación."

A cita é no 94.9 da FM, pero tamén se poderán atopar os podcasts na web da emisora e das Bibliotecas Municipais de Redondela

+ información: https://bibliotecas.redondela.gal/desde-as-ondas-dia-das-escritoras-2022/