Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Redondela celebra festas pre fin de ano con badaladas e uvas solidarias

Concello de Redondela
29-12-2023
0
Redondela celebra festas pre fin de ano con badaladas e uvas solidarias

O concerto de pre fin de ano celebrase en Chapela por primeira vez, mañá venres ás 22.00 horas coa orquestra Olympus no paseo martítimo. En Redondela será o sábado día 30 tamén ás 22.00 con París de Noia no Campo da Feira. Voluntariado das asociacións Da Man, Cáritas Redondela e Asociación contra o Cancro repartirán entre o público as uvas da sorte, que achega o Concello, e recollerán donativos dos asistentes. O domingo de 11.00 a 13.00 horas celebraranse as Festas Infantís de Fin de Ano na alameda Rosalía de Castro de Chapela e na Praza da Constitución de Redondela con música, xogos e moitas sorpresas.

Redondela despedirá o ano de xeito anticipado e por partida dobre con dúas grandes festas. Na noite de mañá venres, 29 de decembro, haberá festa pre fin de ano en Chapela coa orquestra Olympus no paseo marítimo a partir das 22:00 horas. O sábado 30 de decembro será a quenda de París de Noia cun concerto no Campo da Feira de Redondela tamén ás 22:00 horas. Nos dous casos estas festas pre fi de ano terá tamén unha vertente solidaria. O Concello de Redondela achegará as uvas para estas celebracións, e serán voluntarios e voluntarias das asociacións Da Man, Cáritas Redondela e Asociación contra o Cancro de Redondela os encargados de distribuílas entre o público. Os asistentes que o desexen poderán facer as doazóns que estimen oportunas “e todos os cartos recadados serán repartidos entre as asociacións participantes”, explica a concelleira de Cultura, Rita Pérez. Deste xeito “aproveitamos unhas citas festivas, onde centos de persoas celebran estas datas con amigos e familiares, para darlle tamén un significado solidario”.


Os máis pequenos tamén terá a súa celebración previa de fin de ano do domingo 31 ao mediodía. A Praza da Constitución en Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela serán escenario destas Festas Infantís de Fin de Ano. Haberá música, xogos e moitas sorpresas para que a rapazada poida despedir o 2023. Ámbalas dúas festas terán lugar entre as 11 e 13 horas coa Coca Simona.