Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

As crianzas das escolas de Redondela crean un folleto turístico coa mirada infantil

Concello de Redondela
10-01-2024
0
As crianzas das escolas de Redondela crean un folleto turístico coa mirada infantil

O SNL pediulle o pasado ano ás crianzas das escolas infantís de Redondela que fixesen un folleto turístico de Redondela. Dende os seus ollos infantís, que lles gustaría amosar da súa vila? Un dos resultados é este espléndido debuxo feito polo alumnado da EEI A Marisma. Moitas grazas por compartir a vosa mirada! E un agradecemento ás mestras pola súa colaboración.

Este ano propuxemos completar con outros traballos de máis escolas e... quen sabe? Podemos facer un folleto para poñer na oficina de Turismo de Redondela porque os cativos e as cativas tamén teñen dereito a visitar os lugares dende os seus ollos e imaxinación.