Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O Concello de Redondela ofrece un curso de Formación en Igualdade para os concelleiros e concelleiras da corporación

Concello de Redondela
28-02-2024
0
O Concello de Redondela ofrece un curso de Formación en Igualdade para os concelleiros e concelleiras da corporación

O Concello de Redondela ofrece un curso de Formación en Igualdade para os concelleiros e concelleiras da corporación municipal. Será o vindeiro martes, día 5, e impartirá o curso Lucía Pereda, educadora social e axente de igualdade. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que para o goberno local a formación en igualdade e a prevención da violencia de xénero é algo” prioritario” no que se traballa “ao longo de todo o ano” e non só en datas específicas. De aí os cursos de formación que se imparten nos institutos e outras actividades que se realizan tanto en Redondela como nas parroquias en diferentes épocas. Por este motivo, e en vista da polémica xerada na sesión plenaria celebrada o pasado mércores día 21, o Concello decidiu ofrecer este curso “para que as concelleiras e concelleiros que non dispoñan desta formación poidan obtela”. Rivas suliña que como representantes electos dos veciños e veciñas deste municipio os edís “deben dar exemplo”, e non banalizar un cualificativo tan serio como é o de “machista”, xa que o machismo “é un problema social moi serio e moi grave como para utilizalo tan alegremente”.

O curso, segundo explica Pereda, incluirá formación sobre roles e estereotipos de xénero, o machismo e o sexismo, o feminismo, a igualdade formal e a igualdade real, a discriminación por razón de sexo e por razón de xénero, a linguaxe non sexista e a violencia de xénero, entre outras cuestións.

A rexedora local confía en que todos os concelleiros e concelleiras participen nesta actividade, xa que como representantes públicos da veciñanza “deberían contar con este tipo de formación”.