Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

A IX edición da Batalla de Rande é a protagonista do mes de outubro en Redondela, trae como novidade o concerto dos Carunchos.

Concello de Redondela
14-10-2022
0
A IX edición da Batalla de Rande é a protagonista do mes de outubro en Redondela, trae como novidade o concerto dos Carunchos.

Os días 15, 22 e 23 de outubro se desenvolverá unha extensa programación cultural ao redor da Batalla de Rande que inclúe obradoiros tradicionais de alfarería, lacrado e acuñación de moeadas, un desfile polo centro da Vila e a tradicional interpretción teatral da batalla, entre outros eventos e propostas para persoas adultas e cativas.  A programación para o outono/inverno deseñada pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela que xestiona Iria Vilaboa ofrece, unha programación cultural extensa na que se que inclúe un dos eventos históricos máis importantes de Redondela: A Battalla de Rande.

Dende as 19 horas do sábado 15, as rúas e prazas de Redondela encheranse historia co 'primeiro acto' do desfile e representación da Batalla de Rande que chega da man da ACD Rande coa colaboración do Concello de Redondela, e na que a vestimenta de época das tropas hispanofrancesas e inglesas poñerán a cor a un máis que atractivo desfile no que as tropas escoltan os 'tesouros das indias' logo da descarga dos galeóns. Un episodio salientable da historia na que Redondela e a enseada de San Simón foron, unha vez máis, testemuñas de privilexio.

Xa a vindeira fin de semana e nas inmediacións do Meirande, en pleno estreito de Rande lugar da batalla, terá lugar a representación que, ano tras ano reforza o seu poder de convocatoria converténdose nunha cita imprescindible do sur de Pontevedra.

O sábado 22 de outubro, a partir das 11 e ata as 20:30 horas Meirande convertirase nun mercado tradicional no que atoparemos obradoiros tradicionais de alfarería, lacrado e acuñación de moeadas e escritura antiga; así como actividades para cativos e cativas cun precio de 3 euros e teatro tradicional infantil. Ademais das actividades, tamén terá lugar a Teatralización da Batalla de Rande coa obra ‘Navíos baixo o lume” e visitas guiadas en barco na Enseada de San Simón (saída dende Meirande), cun prezo de 4 euros. Entre moitas outras sorpresas, cabe destacar a Representación naval da batalla con Pirotecnia, que é un éxito entre o público.

O domingo 23 despídese o evento repetindo os obradoiros, a teatraliación, o desfile e as visitas guiadas pola Enseada de San Simón (saíndo tamén dende Meirande), para aquelas persoas que non puideran asistir antes e así ampliar o público e controlar o aforo.

Encanro a programación a alcaldesa, digna rivas, aclara que “Debullando a programación, voltamos a apostar por novidades de edición anterior que tiveron gran éxito e acollida, coma os abroadoiros tradicionais de alfarería, escritura antiga, lacrado e acuñación de moeada, atraccións de madeira, as vists guiadas en barco pola Enseada de San Simón ou a representación naval con pirotecnia. Unha das novidades deste ano é o peche da celebración do 22 de outubro cun concerto a cargo dos Carunchos a partir das 21:000 horas”.

Sen esquecer o gran traballo que fai a asociación deportiva e cultural de Rande, Rivas engade que “durante todo o ano, co traballo conxunto do Concello permítenos voltar a celebrar esta conmemoración, que voltará a encher de ledicia a contorna de Meirande e toda Redondela”.