Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O CEIP Porto Cabeiro presenta un libro con traballos do seu alumnado editado polo SNL do Concello

Concello de Redondela
16-01-2024
0
O CEIP Porto Cabeiro presenta un libro con traballos do seu alumnado editado polo SNL do Concello

O martes 16 de xaneiro, o salón de actos do CEIP Porto Cabeiro acollerá 17:30 horas a presentación do libro “O alumnado de Porto Cabeiro escribe sobre as súas parroquias”. Un libro editado polo Concello de Redondela e preparado dende o Servizo de Normalización Lingüística municipal coa colaboración do equipo de normalización do colexio. O libro reproduce traballos que o alumnado fixo ao longo de moitos anos sobre toponimia local, lendas e costumes da zona, patrimonio das parroquias e outras tradicións. O volume, que recolle traballos feitos desde os anos 80, achega unha ampla descrición do patrimonio material e inmaterial das parroquias ás que pertence o alumnado do centro, e que son Negros, Cabeiro e Vilar. A escolma pretendeu ser o máis representativa posible, dando entrada a todo tipo de manifestacións culturais como son o entroido ou os oficios tradicionais.

O acto de presentación está aberto á participación de todo o público pero, en especial, á comunidade educativa e familias das parroquias de Vilar e Cabeiro. O libro pódese levar de agasallo e serve para conmemorar os 50 anos de historia do CEIP Porto Cabeiro.

No acto participarán a directora do centro Sonia Montenegro, a mestra Susana Crespo, o responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello Xurxo Martínez González e a alcaldesa Digna Rivas.