Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Redondela prepara unha limpeza da praia tras os temporais do inverno

Concello de Redondela
15-01-2024
0
Redondela prepara unha limpeza da praia tras os temporais do inverno

O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de decembro unha autorización á Xunta de Galicia para proceder á limpeza da praia de Cesantes por ser unha zona de especial protección dentro Rede Natura 2000. A limpeza incluirá “a recollida de restos de madeira, lixo e plásticos que deixou o mar na praia de Cesantes nos últimos temporais, así como a reposición de elementos do paseo que foron arrastrados polas marusías”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez.

O pasado 2 de decembro xa se realizou unha primeira limpeza para recoller os restos que deixaran os fortes temporais do mes de novembro “algo que nunha se fixera en anos anteriores”, sinala a alcaldesa Digna Rivas, e que o Concello realiza “sen axudas por parte da Xunta de Galicia”.

O luns comezarán as tarefas de limpeza na praia de Cesantes, logo de que unha empresa especializada na xestión ambiental fixese unha valoración de todos os danos sufridos no areal e na súa contorna por mor dos temporais deste inverno. Ao tratarse dun espazo de especial protección dentro da Rede Natura 2000, o Concello solicitou en decembro unha autorización á Xunta de Galicia para poder actuar. O permiso chegou en xaneiro, e as chuvias da pasada semana obrigaron a adiar a limpeza, que comezará o luns. A limpeza incluirá “a recollida de restos de madeira, lixo e plásticos que deixou o mar na praia de Cesantes nos últimos temporais” explica a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez. A actuación realizarase en todo o litoral, desde o peirao ata o final da praia “onde se acumulan toneladas de lixo procedentes das fortes marusías”, sinala a edil.

O Concello xa levou a cabo unha limpeza no areal o pasado 2 de decembro para recoller os restos que deixaran os fortes temporais do mes de novembro. Nesa ocasión, e de xeito manual, retiráronse 10 tractores de lixo, especialmente restos de madeira e plásticos arrastrados polo mar. O goberno local sinala que é habitual que os temporais do inverno arrastren a Cesantes moito lixo “xa que nos atopamos no fondo dar ría”. Sinalan que é a primeira vez que en Redondela se fan este tipo de limpezas durante o inverno, e que ata o de agora “estas actuacións comezaban sempre coa chegada do bo tempo na primavera ou no verán” apunta a Pilar Martínez.

Reposición dos elementos danados no paseo e eliminación de especies invasoras

A concellería de Medio Ambiente conta cun plan integral para a rexeneración da praia de Cesantes e a súa contorna e que contempla a reposición dos elementos de madeira danados polos temporais deste inverno. Unha empresa con acreditación ambiental traballa na valoración de todos os danos para repoñer as varandas e táboas do paseo que está en mal estado, así como o mobiliario urbano. Outra das preocupacións da concelleira de Medio Ambiente é a situación da zona das dunas, con presenza de especies invasoras. O Concello porá en marcha a rexeneración desta zona, e o compromiso de Pilar Martínez é o de facer o mantemento destes espazos naturais “ao longo de todo o ano para evitar a proliferación das plantas invasoras”.