Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O Concello de Redondela pon en marcha una nova edición do programa de excursións de maiores cunha viaxe á Coruña

Concello de Redondela
03-04-2024
0
O Concello de Redondela pon en marcha una nova edición do programa de excursións de maiores cunha viaxe á Coruña

Tras o éxito das anteriores excursións do programa “Maiores en Ruta”, o Concello de Redondela segue organizando visitas guiadas para as persoas maiores da vila. A primeira das saídas deste ano será á cidade da Coruña, con varias quendas a finais do mes de abril e comezos de maio. A excursión incluirá a visita ao Aquarium Fisterrar e aos museos Domus e Casa das Ciencias. O prazo de inscricións estará aberto do 9 ao 12 de abril na casa do Concello, con entrada pola porta lateral, en horario de 9.30 a 14.00 horas

O programa “Maiores en Ruta”, dependente da concellería de Maiores que dirixe Pilar Martínez, ten como obxectivo ofrecer ás persoas maiores de 55 anos “a posibilidade de gozar de excursións dun día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial” informa a edil. Despois do éxito das saídas realizadas en edicións anteriores a destinos como Ribadavia e Allariz, Caldas de Reis ou a localidade portuguesa de Vizela, nesta primavera retómanse as viaxes. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que se farán en varias datas coa intención de que as persoas maiores “poidan socializar e facer actividades ao aire libre, polo que queremos que teña a oportunidade de participar o maior número de persoas posible”.