Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Redondela estrea o aparcadoiro que transforma a entrada na vila

Concello de Redondela
06-02-2024
0
Redondela estrea o aparcadoiro que transforma a entrada na vila

Este aparcadoiro disuasorio non só mellora a zona de Vilavella, senón que tamén repercute de xeito positivo no resto da vila “ao reducir a cantidade de vehículos que transitan polo núcleo urbano” apunta o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar. O edil recoñece tamén que “conxugar os estacionamentos coas zonas verdes supuxo un gran esforzo”. O derrube da nave que se situaba na parcela e a creación do aparcadoiro no se lugar “pon en valor o convento, elimina barreiras arquitectónicas e mellora a relación do espazo co río Maceiras”, sinala o concelleiro de Urbanismo Antonio Cabaleiro. A transformación do principal acceso á vila de Redondela xa é unha realidade. Os condutores xa poden facer uso do novo aparcadoiro disuasorio en Vilavella, que conta cunha superficie de 3.896 m² con 110 prazas para coche, das que 6 están reservadas para persoas con mobilidade reducida, así como 3 prazas de moto e 8 para bicicletas.

A alcaldesa Digna Rivas sinala que “os paus nas rodas que algúns puxeron non impediron acadar o obxectivo de transformar Redondela para beneficio da veciñanza”. Para o goberno local foi un gran reto poñer en marcha este gran proxecto, que implicou a compra da vella nave anexa ao convento e o seu derrube. Converter esta gran área “nun espazo amable para o cidadán, intervindo neste espazo público, eliminando a nave e conectando as zonas de forma accesible supuxo un gran esforzo, pero pagou a pena”, afirma Rivas.

Este aparcadoiro disuasorio non só mellora a habitabilidade da zona de Vilavella, senón que tamén repercute de xeito positivo no resto da vila “ao reducir a cantidade de vehículos que transitan polo núcleo urbano, o que supón máis seguridade para o peón, menos ruído e menos contaminación”, apunta o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar. O edil engade que se instalou un sistema de iluminación “eficiente e de baixa intensidade” para a zona de aparcadoiro. Villar non oculta que “conxugar as prazas de estacionamentos coas zonas verdes e o arborado supuxo un gran esforzo para poder acadar o mellor resultado posible”.

O estacionamento non só ofrece o maior número posible de prazas para aparcar no acceso a Redondela, senón que supón “a transformación integral do espazo urbano, elimina barreiras arquitectónicas, pon en valor o Convento de Vilavella e mellorar a relación do espazo co río Maceiras”, explica o concelleiro de Urbanismo Antonio Cabaleiro. Un dos obxectivos prioritarios deste proxecto era que todos os espazos fosen accesibles para todas as persoas, especialmente para as que teñen mobilidade reducida “e ese obxectivo está cumprido”.