Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

“Peúgo, o calcetín melenudo”: presentación de libro, contacontos e taller para nenos e nenas nas Bibliotecas Municipais de Redondela

Concello de Redondela
22-11-2021
0
“Peúgo, o calcetín melenudo”: presentación de libro, contacontos e taller para nenos e nenas nas Bibliotecas Municipais de Redondela

As Bibliotecas Municipais de Redondela unímonos á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha actividade infantil ao redor do álbum ilustrado “Peúgo, o calcetín melenudo”.
Trátase dunha proposta na que a presentación do libro vai acompañada dun contacontos e mais un taller, e que será realizada pola propia autora: Jessica Rodríguez Piñeiro, mestra do CEIP Plurilíngüe de Cedeira e nominada en dúas ocasións aos premios Educa-Mellor Docente de España.

As citas serán:

-o 25 de novembro, ás 18:30 h., na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela-Para nenos e nenas de 6 a 9 anos

-o 2 de decembro, ás 18:30 h., na Biblioteca P.M. Xela Arias (Chapela-Redondela)-Para nenos e nenas de 3 a 6 anos

De balde
As actividades serán diferentes para cada obradoiro, axeitándose a cada franxa de idade
Para participar precísase inscrición nas bibliotecas

Máis información:

https://bibliotecas.redondela.gal/peugo-o-calcetin-melenudo-presentacion-contacontos-e-taller/?fbclid=IwAR36CWK8GZXR4ccjI8_XOtR8UhOiCFeB1f5TlATEf6FfZUpsrx7ZuM0Edvs