Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Redondela vixía a súa costa, polo de agora libre de pellets

Concello de Redondela
12-01-2024
0
Redondela vixía a súa costa, polo de agora libre de pellets

Un total de 16 mozos e mozas están a formarse en Redondela para facilitar a súa integración no mercado laboral. Fano grazas ao Programa de Emprego Redondela TIC III 1, que conta con dúas especialidades: Hostalaría e Deseño Gráfico para Comunicación. En cada especialidade impartirase certificados de profesionalidade e módulos formativos ao tempo que se realizan traballos e servizos enfocadas ao beneficio da comunidade . En hostalaría realízase servizos como almorzos saudables para nenos e maiores, petiscos para visitantes ou convites a persoas desfavorecidas, entre outros. En Deseño farán carteis, folletos , calendarios ou felicitacións, entre outras cousas.

O programa, cun ano de duración, comezou o pasado 9 de outubro do 2023 e finalizará o 8 de outubro do 2024. Durante este tempo o alumnado está contratado polo Concello recibindo o salario mínimo interprofesional nun equipo que se completa con catro docentes, unha administrativa e unha directora.

Para esta actividade o Concello de Redondela recibiu unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. A axuda está encadrada dentro da iniciativa de emprego xuvenil e o Programa Europeo Plus ( FSE +) Galicia 2021-2027 Obxectivo político 4, Prioridade 5 Obxectivo específico ESO4.1, medida 5.a.03 e cofinanciado nunha porcentaxe do 60% .