Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

As Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela fixeron entrega do seu premio a Argentina Rodríguez, gañadora do sorteo do “Reto lector 2023″.

Bibliotecas de Redondela
12-01-2024
0
 As Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela fixeron entrega do seu premio a Argentina Rodríguez, gañadora do sorteo do “Reto lector 2023″.

O Reto Lector 2023 foi unha iniciativa de fomento da lectura para o público adulto, posta en marcha polas Bibliotecas Municipais de Redondela a proposta da Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela. Consistía  na lectura de 12 libros ao longo de 2023, que debían axustarse a unha serie de características indicadas previamente nun calendario de lectura . Un desafío a modo de xogo no que o aliciente era enfrontarse a lecturas en diferentes xéneros, formatos e estilos.

O sorteo realizouse entre aqueles participantes do Reto que foron quen de completar as 12 lecturas dese calendario: un total de 17 persoas de entre as 37 que participaron. O premio, como non podía ser doutro xeito, foi un grande e variado lote de libros. Ademáis,  todos/as os/as que remataron o reto recibirán un agasallo.


Co sorteo e mais a entrega do premio, as Bibliotecas Municipais de Redondela únense á conmemoración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, data destacada no Calendario do Libro e a Lectura de Galicia como o 11 de xaneiro. As bibliotecas renden así homenaxe aos usuarios e usuarias, por seren eles unha parte fundamental e imprescindible do seu servizo.


+ INFORMACIÓN: https://bibliotecas.redondela.gal/as-bibliotecas-municipais-entregamos-o-premio-do-sorteo-do-reto-lector-2023%e2%80%b3/