Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

A Casa da Cultura acolle a presentación do libro «A árbore dos Vagalumes» da redondelá Xulia María Barros

Concello de Redondela
17-11-2021
0
A Casa da Cultura acolle a presentación do libro «A árbore dos Vagalumes» da redondelá Xulia María Barros

A Casa da Cultura de Redondela acollerá, este vindeiro xoves 18 de novembro, ás 19 horas, a presentación do libro A árbore dos vagalumes de Xulia María Barros, autora natural da parroquia redondelá de Cesantes.

Na presentación, a escritora estará acompañada pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e pola editora Edurne Baines. O acompañamento musical o poñerá a actuación da tamén redondelá Sheila Patricia.

A árbore dos vagalumes, editada por Belagua e con ilustracións de Diego Salgado, é un traballo dirixido ao público infantil e no que a mirada poética e chea de amor dun avo ao seu neto Santi, convidanos a entrar nun mundo máxico, alumeado polo simbolismo dos vagalumes e o coidado dunha árbore marabillosa. Santi descubrira nese mundo a historia da Illa de San Simón, que ve desde a sua casa, e comprendera o valor da memoria e a necesidade de non esquecer de onde vimos.