Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

O Entroido de Redondela queima o machismo

Concello de Redondela
11-02-2024
0
O Entroido de Redondela queima o machismo

Ao berro de: “Lume ao machismo, a violencia e ao sexismo!” este Martes de Entroido Redondela queimou ao seu Meco, representado na figura de Luis Rubiales, ex presidente da Federación de Fútbol. Coa animación de Troula e ao ritmo de “Varre vasoira”, de Fillas de Casandra o Meco ardeu. O pregón comezou coa retransmisión do histórico triunfo da selección vermella no Mundial de Fútbol de Australia “manchado por un tirano que sen permiso tachou un bico de espontáneo”. Centos de persoas ateigaron a Alameda Castelao e as rúas do centro da vila para vivir o espectáculo. Co Meco queimouse “o o machismo, a violencia e o sexismo”, cun lume purificador “para converter en cinza aos abusadores, aos que negan a igualdade e a diversidade”.

Os lumes de artificio, a batucada de “Brassica Rapa” e a discoteca móbil da “Duendeneta” completaron un Martes de Entroido festivo e reivindicativo.