Noticias

Usamos cookies con el objetivo de mejorar la experiencia de nuestro visitantes. Visita la página de Política de privacidad para conocer más detalles.

Roteiro (circular) polo Monte Buxel (Redondela), de balde, promovido polo Concello de Redondela, e guiado por Xurxo Constela, arqueólogo redondelán.

Concello de Redondela
19-09-2022
0
Roteiro (circular) polo Monte Buxel (Redondela), de balde, promovido polo Concello de Redondela, e guiado por Xurxo Constela, arqueólogo redondelán.

Non é necesaria prescrición, só aparecer ás 10:00 do domingo 25 de setembro, na gasolineira de Amoedo, na Estrada PO-250.

Visitarase este enclave arqueolóxico situado entre Redondela e Pazos de Borbén onde se atopan tres mámoas, dous grupos de gravados rupestres, un xacemento de foxas da Idade do Bronce e un círculo lítico recentemente atopado.

Distancia da ruta: 7 Km.

Dificultade: fácil

Como chegar dende Redondela:

Dirixímonos cara Pazos de Borbén pola Estrada PO-250; a uns 6 Km dende o centro de Redondela, nun lugar chamado o Chan de Amoedo, atoparemos a gasolineira:

https://www.google.es/maps/@42.2929986,-8.5510038,835m/data=!3m1!1e3 

(é o punto marcado como Gasolineira Chan de Amoedo)