Arquivo

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

       

 

ARQUIVO CONCELLO DE REDONDELA

Dirección: Casa do Concello, planta baixa
r/ Alfonso XII nº 2, Redondela C.P. 36800


Tlfno: 986400300 (extensión 230)


arquivo@redondela.gal
arquivoaudiovisual@redondela.gal

Responsable do Arquivo municipal: Ana Gesteira Ponce

Horario de atención ó público: Namentres estea instaurado o protocolo de prevención do covid-19 a atención ó público será exclusivamente con CITA PREVIA.

 

Vídeo presentación do Arquivo municipal de Redondela

  ARQUIVO DOCUMENTAL

Un Arquivo é coma unha Biblioteca de expedientes finalizados, documentación  administrativa xa tramitada e recordos en forma de papel.

Cando un expediente remata, a administración ten a obriga de conservalo, porque ademais de ter información administrativa, é a Historia da nosa vila.

O Arquivo municipal, dependente da Concellaría de Cultura, conserva documentación xerada ou recibida polo Concello de   Redondela: correspondencia, licenzas de obras, de actividades, libros de actas de Pleno  (dende o 1878), padróns municipais de habitantes (dende o 1920), festas da Coca (dende o 1943), etc... ata a documentación de hoxe en día.

No Arquivo do Concello de Redondela custodiamos 8.859 caixas que conteñen no seu interior 76.178 expedientes tocantes ós seguintes temas dende o ano 1848 ata hoxe.

ACCESO: Dacordo coa lexislación actual, e previa solicitude en papel (Rexistro municipal) ou telemática (Sede Electrónica).


DIFUSIÓN: A través da información puntual distribuida na rede, mediante as seguintes páxinas:

 

Facebook Arquivo municipal:   Blog Arquivo municipal:

Información sobre o Arquivo na 

 

Memorias anuais de traballo no Arquivo Documental

       

ARQUIVO AUDIOVISUAL

Dentro do Arquivo documental, nace no ano 2015 nace o Arquivo Audiovisual, dentro da Concellaría de Cultura, encargado de recopilar, dixitalizar conservar e difundir as Fotografías de Redondela que puideran existir nas casas particulares.

Ata o día de hoxe conservamos unhas 1900 fotografías que poderás consultar nas nosas dependencias (previa solicitude). Parte do fondo do Arquivo audiovisual pódese consultar, tamén online, a través do blog. Todas as fotografías aquí expostas son de libre consulta, e libre uso, cunha salvedade: Sempre que se usen (en publicacións, reproduccións, exposicións,...) deberá sinalarse con claridade a propiedade das mesmas: "Fotografía do Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela; Fondo propiedade de D/Dª XXX".

Para ceder temporalmente as túas fotografías para a súa dixitalización e difusión, só tes que te poñer en contacto con nós.

 

ACCESO: Dacordo coa lexislación actual, e previa solicitude en papel (Rexistro municipal) ou telemática (Sede Electrónica).

DIFUSIÓN: A través da información puntual distribuida na rede, mediante as seguintes páxinas:

 

Facebook Arquivo audiovisual:   Blog Arquivo audiovisual:

 

No buscador ATOPO, poderás atopar información sobre as imaxes do Arquivo Audiovisual.

No blog poderás visualizar todas as fotografías ordenadas polos fondos das seguintes persoas:

          

                                                   

O fondo fotográfico 37. Fotsca (Carlos Alonso) está sendo dixitalizado gracias á subvención concedida ó Concello de Redondela por parte da AMTEGA, Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia, da Xunta de Galicia. Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo europeo de desenvolvimiento regional (FEDER) en el programa operativo Feder Galicia 2014-2020.