CARNE XOVE

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

  SOLICITAR O CARNE XOVE DA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA
que é?

Unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.Destinado a mozas e mozos entre 12 e 30 anos. Ten unha vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (sen superar os 30 anos).

cómo facelo?

Cubrir un impreso de solicitude e o de pagamento de taxas. Aboar 6€ en calquera banco ou caixa. co impreso das taxas

Códigos para o impreso de pagamento:

Consellería de Traballo e Benestar (14), Delegación de Pontevedra (40), Servizo de xuventude e Voluntariado (03)

Taxa (Carné Xove): Código (36.31.01)

Suxeito pasivo (datos da/o moza/o solicitante)

Importe a ingresar 6€. 

 

ónde facelo?

Xuventude Redondela, Multiusos da Xunqueira , pranta baixo. Paseo da Xunqueira s/n ,Redondela

Servizo de Xuventude e Voluntariado. Delegación territorial de Vigo.Rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo

Oficinas municipais de información xuvenil de calquera concello

 

Finalidades e vantaxes

Facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Abrangue todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.

O carné está homologado en todo o territorio nacional e países europeos adheridos a este programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

 

sácalle partido ao teu carné xove

Busca tendas ou servizos que acepten o Carné Xove e que estean perto de tí. Localizaos, chamaos por teléfono ou diríxete alí sabendo xa que promoción teñen para tí. Cando saian novas ofertas relacionadas co Carné Xove recibirás unha alerta no teu dispositivo sen ter que consultar todos os días a páxina de Xuventude da Xunta de Galicia.

Cómo facer un Carné Xove e como sacarlle máis partido

Todo en unha sola aplicación

Aplicación do Carné Xove en Google Play

 

Establecementos adheridos

Son aquelas entidades que colaboran co programa Carné Xove ofrecendo aos seus titulares vantaxes ou beneficios.

Listaxe:

Galicia

https://www.eyca.org/discounts/search?q=&country_id2=67&city2=&country_id=67&city=&x=70&y=12

Nacionais

http://www.injuve.es/movilidad-y-ocio/noticia/carne-joven-european-youth-card

Europeos

Eyca.org | Card in Countries

Temporais. Os usuarios do carné xove gozarán en todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, como mínimo, dun desconto do 10%. A porcentaxe do desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se levan a cabo.

Non esquezas que todos os descontos que figuran non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.

As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o carné

xove, poden solicitar a presentación do DNI.

Carné xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe de estes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).