Rexistro de Artistas Locais - ARTES ESCENICAS

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

+ informaArtes escénicas

Por ode alfabética

Andrés Giráldez Río

Andrés Giráldez Río é actor, titiriteiro e constructor de títeres. Con todo isto, o que Andrés nos quere decir, é que é recolector de materiais (anatómicos, de madeira, de papél cartón,...) e constructor de sentimentos. Andrés Giráldez Río leva carambolas no sangue, e por iso cada actuación súa é unha volta, un xiro da natureza capaz de mellorar de cada vez sempre xirando ó redor dos materiais que elexiu: ben o seu corpo e a súa expresiva cara, ben os monicreques creados con latexos de tanxarinas.

Actor de teatro e de cine (películas e series); Titiriteiro terciario dunha Tanxarina (grupo de títeres redondelán de alta sona e recoñecemento mundial). O público masivo recordarao polo seu papel de "Peixe" en Serramoura, mais o resto das persoas sabemos que Andrés Giráldez é iso e moito máis: Actuación artística en estado puro.

CONTACTO: Mail andresgiraldezrio@hotmail.com Teléfono: +0034 655 51 93 27

ENLACES WEB:         

+ INFORMACIÓN 

Chus Guedella

Chus Guedella, nace en Redondela hai 46 anos. Con formación coma delineante, traballa coma soldador durante 15 anos. Pero as disciplinas artísticas sempre discorreron polos seus músculos, facendo que o seu corpo se movera cara o debuxo hiperrealista e as artes escénicas.

Neste apartado é onde Chus Guedella, na actualidade, se move asiduamente.

Coma actor, coma axudante de dirección ou coma figurante,… sumando nas súas costas diversos proxectos importantes na escena do audiovisual galego

CONTACTO: Mail chusguedella@gmail.com  Teléfono 698 169 192

ENLACES WEB:      

+ INFORMACIÓN: 

Fernando Rivas Araújo

Nado en Redondela, provincia de Pontevedra, en outubro do 1969.

Máis de 20 anos de experiencia en performance e animación teatral.

Dende fai 3 anos centrándose na súa faceta actoral, formándose e traballando.

CONTACTO: Mail: fernandorivasactor@gmail.com  Teléfono: +0034 607 412 535

ENLACES WEB:    Fernando Rivas Araújo   + INFORMACIÓN 

José M. González

José M. González

Actor nado en Cesantes, cinéfilo e persoa de teatro empedernida. Home polifacético, altamente cursado e especializado no escenario teatral, cinematográfico e no mundo da dobraxe profesional. Cunha ampla formación en Madrid, José M. González participou de proxectos tan interesantes coma "Inmortales", "Antígona" ou a Lectura dramatizada de Foreign bodies.

CONTACTO: Email: josemgonzalez.actor@gmail.com Teléfono: +0034 615 57 11 51

+ INFORMACIÓN  Curriculum José M. González

Madie

Madie

Maquilladora nada en Chapela. Polifacética e creativa onde as haxa.

Especializada en maquillaxe profesional e efectos especiais para cine, teatro e pasarela. Madie exemplifica coma ninguén a arte que se esconde tra-la preparación dunhe escea, dun plano ou dun desfile.

 CONTACTO: info@madiefx.com  

ENLACES WEB:  Facebook Madie   Instagram Madie   Web Madie      

+INFORMACIÓN: CV Madie

Martín Máez

Martín Máez

Home polifacético de Chapela: actor e músico profesional. Gracias á súa formación multidisciplinar, diversifica a súa experienza profesional tanto no Cine (en películas e curtametraxes) coma no Teatro e na Música. Dende a compañía Avento Produccións, coprotagonizou diversas obras de teatro musicais: "Teaser", "Aladino e a lámpada marabillosa", "Hansel e Gretel",...

CONTACTO: Mail contacto@martinmaez.es Teléfono: +0034 622 831 562

ENLACES WEB:  Facebook Martín Maéz  Vídeo Martin Máez  Youtube Martin Maez  Twiter Martín Maez

+ INFORMACIÓN: Curriculum Martín Máez

Miguel Borines

Miguel Borines

Miguel Borines é veciño de Catapeixe, Cesantes. Dende moi novo sentiu nas artes escénicas o lugar onde sentirse cómodo traballando. A súa voz profunda e as súas dotes interpretativas serviulle para poder facer crecer moitísimos proxectos tanto dentro da compañía titiriteira da que forma parte (ver Tanxarina) coma no mundo cinematográfico (tanto en longametraxes coma series de televisión ou curtametraxes), radiofónico ou teatral.

CONTACTO: Teléfono +0034 610 442 602 Mail: mborines@hotmail.com

ENLACES WEB:   Facebook Miguel Borines   Yotube Miguel Borines  Youtube Miguel Borines  Youtube Miguel Borines  Youtube Miguel Borines

+ INFORMACIÓN:  CV Miguel Borines

Olga Cuervo

Olga Cuervo

Olga Cuervo é unha actriz, unha artista do mundo das artes escénicas que a través dos espectáculos teatrais e as actuacións de contacontos, aporta a súa enerxía e profesionalidade.

CONTACTO: Email: lacuervoteatro@gmail.com Teléfono: +0034 695 566 147

ENLACES WEB:  Facebook Olga Cuervo  Youtube Olga cuervo  

Oliconh (Olih Conde)

Olih Conde

Profesional en dirección cinematográfica, guión e edición de vídeo. 

CONTACTO: Mail: oliconh@gmail.com

ENLACES WEB:   vímeo vídeo youtube  2º vídeo youtube

Pablo Giráldez Río, O PASTOR

Pablo Giráldez Río, "O Pastor" é un artista gráfico (ver apartado pintura) e escenógrafo cun gran número de traballos ó seu lombo (ver o CV en + Infomación): libros, CDs, coleccións de carteis (Festival Internacional de Títeres de Redondela, Festival Redondela en Curto, Festa dos Maios,...) e, coma non, deseño de escenografías teatrais.

A súa pegada artística, de moi alto nivel, soe mesturar o mundo máxico das cousas cotiás (obxectos que viven con nós nas cociñas, nos armarios) co mundo máxico e surrealista da súa mente artística-mente debuxada. Sempre baixo o prisma da elección premeditadas de cores simbólicas e visualmente chamativas. 

Escenográficamente as súas creacións son efectivas e os seus deseñor capaces de equilirar o seu estilo persoal coa efectividade comunicativa, adpatando no escenario o seu propio mundo artístico á peza teatral. 

Os traballos do Pastor, moi diversos e distintos, son visualmente sempre recoñecibles. E iso, segundo din, é das cousas mais difíciles que se pode decir dun artista.

CONTACTO: mail: opastormoitotraballa@yahoo.es  Teléfono: 607335735
+ INFORMACIÓN:   

 

Puchy Gotero

 Puchy Gotero

María "a da Montera" ou Puchy Gotero como se lle coñece artísticamente, é veciña de Redondela e forma parte da nova xeración de cómicos e cómicas do panorama galego. Actualmente, forma parte do grupo "Xeración Barbeito" composto por dous humoristas, unha intérprete de lingua de signos e ela. Comezou as súas andanzas no mundo do Stand up Comedy hai xa uns 8 anos mais é dende o 2018 cando colle forza nos escenarios.

Ademáis do mundo da comedia por bares e festivais, tamén dedica tempo para oficiar casamentos dende un punto de vista diferente: en clave de humor, temáticos ou como á parella se lle ocurra.

CONTACTO: Mail: maria.gotero@gmail.com Teléfono +0034 637 734 691 e +0034 986 401 616

ENLACES WEB:  

+ INFORMACIÓN:  

Roberto Casal

Roberto Casal tivo dende sempre clara a súa atracción polo mundo atístico, pola expresión teatral, e polo mundo dos títeres. Isto fixo que se formara e experimentara cunha meta clara: poder crear mundos propios, traballados a reo, onde a imaxinación e a creación audiovisual tiveran total liberdade para coexistir.

Para isto creou con Sofía Espiñeira, no 2016, unha compañía de artes escénicas chamada "Teatro ó Cubo" na que a danza, o circo, os monicreques e a música conflúen no teatro. O seu público por excelencia é o público infantil e familiar.

Cando José luís Baños de Cos escribe a súa ópera prima O Faiado, Sofía, Roberto e Alfredo Pérez Muiño “Fredi” traducenna ó teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”.

No verán de 2018 estrean e xiran cunha segunda creación, Ghop!, un espectáculo de teatro cómico de rúa dirixido por Alfredo Pérez Muíño “Fredi”, co mago Noel Fandiño como parte do elenco.

A través de outras creacións máis recentes como Nube nube sol, Teatro ó Cubo, diríxese a outros públicos como a primeira infancia e as súas familias.

Na actualidade traballa na súa nova montaxe Ningures, sendo a primeira compañía Residente no Auditorio do Multiusos de Redondela.

ENLACES WEB:   

Roberto Rodríguez-Solano Ribeiro

Roberto Rodríguez solano

Roberto Rodríguez Solano Ribeiro desenrola a profesión de operador de cámara e editor de vídeo. Retrata o seu entorno a través da súa cámara, mais traballa no mundo das artes escénicas tanto detrás coma diante da dela: actuacións coma figurante en películas e series documentalista e eventos sociais e culturais. Noticias de actualidade.

CONTACTO: vigovideo@vigovideo.es  Teléfono +0034 600 054 007

ENLACES WEB: Web Roberto Solano  Youtube Roberto Solano  Facebook Roberto Solano

 

Tatán (Eduardo Rodríguez Cunha)

Tatán

Eduardo Rodríguez Cunha, coñecido por todas as persoas coma Tatán, é un actor de longa traxectoria e dotes interpretativas impecables. Forma parte, con Miguel Borines e Andrés Giráldez, da compañia de títeres Tanxarina. Pero as súas habilidades interpretativas expándense mais aló: dende a manipulación dos títeres ata a dirección de espectáculos, pasando por un importante traballo actoral teatral e cinematográfico e musical. Tatán é titiriteiro e actor: o showman por excelencia, e coma tal leva detrás das súas costas unha preparación, un rigor actoral e un compromiso sentimental de altísimo nivel. Gañador da XXIII Edición do Xograr de Outono (2014).

CONTACTO: Teléfono +0034 607 233 681 Email: tatanchapeu@gmail.com 

ENLACES WEB:  Facebok     

 + INFORMACIÓN: cv Tatán

Tanxarina

 Tanxarina

A compañía TANXARINA TITERES foi fundada no ano 1.983, por varios ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, e tamén outros profesionais galegos do teatro infantil e xuvenil . Dende entón converteuse nunha das formacións mais recoñecidas e prestixiosas do teatro de títeres galego tanto dentro como fora de Galicia

CONTACTOS: Mail: tanxarina@tanxarina.es

Teléfono: +0034 986 40 29 66 (fixo) e +0034 607 233 681 (Tatán) +0034 610 442 602 (Miguel)

Dirección: Aldea Portela, 3, 36800 Redondela, Pontevedra ó lado da antiga estación de Renfe de Redondela
 
ENLACES WEB: Web tanxarina  Facebook tanxarina   Tanxarina Instagram

+ INFORMACIÓN: CV Tanxarina

 

 

 Redondela é cultura