Rexistro de Artistas Locais - ESCULTURA

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Carátula escultura

 Por ode alfabética

Beatriz Ferreiro

Beatriz escultura

Beatriz é unha xove escultora redondelá, que usa coma instrumentos de traballo botellas e outros materiais de refugallo que, aparentemente non teñen mais vida, pero que nas súas mans se transforman en obras escultóricas cunha ampla influencia do mundo do mar.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra Beatriz   Obra 2 Beatriz

CONTACTO:  Mail: bea.ferreiro91@gmail.com teléfono: 654327443

Indalecio Fernández

Indalecio Fernández

Indalecio Fernández é un escultor que ten a habilidade de darlle segundas oportunidades ás cousas. Segundas oportunidades que soen sair mellor que as primeiras. Recuperando materiais e obxectos creados cunha función incial, Inda reinventa a súa ubicación, o seu aspecto e, tamén, a súa finalidade: bastóns de esquí que se convirten en lámpadas de pé, bombonas de butano que se convirten en sillóns, matraquiños que se convirten en percheiros....Un xogo conceptual que esconde unha evidente habilidade escultórica e de traballo co material. As esculturas de Inda, ademais, teñen dobre finalidade: embelecer o espacio aportando unha nova fincionalidade: alumear, suxetar, descansar...

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra Indalecio Fernández     Indalecio Obra 2

CONTACTO:CONTACTO: Mail indarte.3r@gmail.com  Teléfono 645 578 382
ENLACES WEB:         

Nicolás Ricón Luis

Indalecio fernández

Nicolás Ricón Luis é un canteiro especializado en escultura figurativa en pedra, morteros, bronce e sintéticos. Traballou na parte de cantería da restauración da Catedral de Santiago de Compostela.

A materia de traballo habitual de Nicolás Ricón é o granito, pedra tradidicional galega por antonomasia, caracterizada pola súa dureza e dificultade á hora de ser tallada. Sen embargo, isto non supón un problema para Nico, capaz de sacar dos bloques brutos, pliegues, figuras e esculturas de alto nivel artístico e cunha forte impronta da tradición do noso país. 

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra nicolás Ricón   Nicolas Ricón Obra 2

CONTACTO: Mail: nidrason@gmail.com Teléfono: 615639966    ENLACES WEB: 

Pilar Fernández Rey

Pilar Fernández Rey

Pilar Fernández Rey, titulada en Belas Artes, é monitora profesional de artes plásticas. Durante moitos anos especializada na función terapéutica que teñen as disciplinas artísticas nas enfermidades mentais, en DOA Vigo.

Hoxe en día desenrola o traballo dende o seu taller base en Cedeira, onde as súas mans traballan diversas manifestacións artísticas (ver tamén apartado de pintura). A escultura é unha delas. O traballo escultórico en Pilar xoga mezclando diferentes materiais, diferentes texturas e, sobre todo, xogando cos distintos cromatismos, incluso dentro da escultura.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA: 

Obra Pilar fernández   Pilar Fernéndez Obra 2

CONTACTO: pilarfernandezrey@hotmail.com 

ENLACES WEB: Facebook Pilar Fernández Rey   Instagram Pilar Fernández Rey  Twiter Pilar Fernández Rey

Valentina Todanés

Valentina Todanés

Artista creativa, Valentina Todanes (Valentina Garcìa Abalo) e polifacética (ver tamén apartado de pintura), especialízase no traballo da madeira: capaz de manexar o material natural ata extraer del, dun xeito artesanal, tanto formas figurativas coma abstractas, tanto texturas suaves coma rugosas, para representar ideas, transmitir mensaxes mais aló da materia.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Mostra da Obra    Valentina Todanés Obra 2

CONTACTO: Mail: todanes@gmail.com Teléfono: 619029574

ENLACES WEB:   Blog Valentina Todanés  Facebook Todanes  Instagram Todanes

 

Redondela é cultura