Rexistro de Artistas Locais - LITERATURA

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Literatura

Por orde alfabética

J.A. Xesteira

ja xESTEIRA

José Ángel Gesteira Pazos. (Redondela, 1946).

Estudou xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. É periodista dende 1972 e foi redactor en “La Mañana de Lérida”, “El Correo Gallego”, “El Pueblo Gallego” e “Faro de Vigo”, onde exerceu como redactor xefe de Cultura e Peche ata febreiro do 2000.

Aparte do traballo normal de redacción desenvolveu unha actividade como columnista de opinión durante vinte anos. Ao longo de 20 anos mantivo unha columna semanal de opinión sociopolítica, como colaborador no “Diario de Pontevedra” e no blog persoal "Blog Up" (ver enlaces web); labor que rematou hai no ano 2019.

Foi crítico de cine na última etapa do semanario “A Nosa Terra”, actividade que xa mantivera durante 18 anos en “Faro de Vigo” , onde tamén cultivou esporádicamente crítica literaria e artística. Mantén colavoracións de tipo sociohistóricos no boletín do Seminario de Estudios Redondeláns.

Nos anos 90 dirixiu a primeira e única experiencia dun periódico interfronterizo, “Sin Fronteras/Sem Fronteiras”, que consistía nun semanal informativo, insertado nas páginas do Faro de Vigo e o Jornal de Notícias do Porto.

A finais do 2000 editou o seu primer libro, “Phiccións”, un volume de contos colectivo escrito en galego, no que figura con dúas narracións.

En decembro do 2001 publica tres libros: un volume de contos, “Acompañoo no sentimento”, unha novela curta, “Blues da ría”, e “Memoria de Redondela”, un libro de postais antigas desta vila, na que pon o texto de acompañamento.

A todo isto deberemos sumarlle a maxistral novela, “Caldo de mares para homes libres” (2003), e o libro de relatos “Contos de familia” (2005). Ten pendente de pubicación un libro de contos, “Cóntamo outra vez, Rick!”, entre outros proxectos.

CONTACTO: jaxesteira2@gmail.com Teléfono: 986400123

ENLACES WEB: Blog Up Blog de Xesteira  Prensa Xesteira

José Carlos Velázquez

José Carlos Velázquez

Poeta reincidente nado en Ávila en 1966 sen provocar máis dores que os estritamente necesarios.

Desde 2004 reside en Redondela onde se licencia en choivas e mareas. Obreiro maníaco-expresivo con conciencia de clase.

Estilo: Poesía tanto discursiva como poesía visual e experimental. Mail art e deseño gráfico.

Desde hai anos dirixe o proxecto editorial " LaCaNaLLa Extraoficial" edicións caseiras e totalmente manufacturadas das súas obras así como doutros autores en tiradas moi limitadas.

ENLACES WEB: Facebook  Facebook  Facebook  Web  Youtube  Youtube 2  Youtube 3  + INFORMACIÓN: Curriculum José Carlos Velázquez

Redondela é cultura