Rexistro de Artistas Locais - PINTURA

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Carátula Pintura

Por ode alfabética

Alba Casanova

Alba casanova Fernández

Alba Casanova Fernández (1981), é licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia cun máster en Arte e Tecnoloxía. É ademais Técnica Superior en Artes Plásticas e Deseño coa especialidade en Escultura pola escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela e Integradora Social.

A súa obra como artista vira ao redor de problemáticas coma o feminismo, as crises migratorias, os procesos democráticos ou a consideración social da enfermidade.

Desenvolveu o seu traballo desde diferentes disciplinas culturais en Londres, Santiago de Chile ou agora Valencia.

Como ilustradora freelance realizou traballos para a Axencia Shackleton, Abanca, Albariño Martín Códax, Closca, Dot Galicia ou Píkara Magazine, entre moitas outras.

Nos últimos anos a súa produción céntrase no audiovisual, na ilustración, na colaxe e no debuxo.

Forma parte ademais do tandem Fenómena (@somosfenomena) xunto á animadora Laura Cuello, onde ilustra pezas de animación en colaxe e motiondesign para clientes como *Àpunt Tv ou EMT Valencia.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Alba Casanova Fernández Obra 1   Alba Casanova Fernández Obra 2

CONTACTO: Mail: albacasanova@gmail.com  Teléfono: 661308129
Alba Casanova Ilustración:   Facebook Alba Casanova   Instagram Alba Casanova  Web Alba Casanova

Somos Fenómena:   Facebook Somos Fenómena   Instagram Somos Fenómena  Web Somos Fenómena  

+ INFORMACIÓN: cv Alba Casanova

Chelo Rielo

Chelo Rielo

Artista redondelá que plasma mediante as cores dos seus óleos e acrílicos un expresionismo de pinceladas quebradas e impresionistas; xoga co cubismo, co impresionismo, baixo unha mirada azul.

"Chelo Rielo comezou e a xogar coas cores da súa nenez, ata que mercou tubos de óleo e pinceis e deulle ó seu primeiro lenzo. Para esta artista a cor-signo e símbolo identificador da súa obra- é o mais importante.

Verdes, laranxas e azuis comparten protagonismo nos seus cadros transmitindo sensacións de paz e acougo. Os trazos dos seus debuxos foxen da realidade na procura dunha abstracción chea de reflexos e de luz." Chus Roxo.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra Chelo Rielo  Obra Chelo Rielo

CONTACTO: Mail chelorielo@hotmail.com Teléfono 690 356 804

+ INFORMACIÓN:  CV Chelo Rielo

Chus Guedella

Chus Guedella

Jesús Guedella nace en Redondela fai 46 anos e dende fai apenas 3 anos compaxina o seu traballo en produccións audiovisuais na rama de Dirección, coa súa gran aficción: o debuxo con bolígrafo.

Con formación como delineante, traballa como soldador durante mais de 15 anos e mantén a paixón do debuxo, sempre co seu inseparable boli bic. Nos seus comezos, o sue estilo é mais caricaturesco e desinhibido, pero pouco a pouco, de forma autodidacta e influenciado polo hiperrealismo, comienza a centrar a súa obra na creación de retratos, principalmente das actrices e actores do audiovisual galego.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

 Obra Chus Guedella   Obra Chus Guedella 2

CONTACTO: Mail chusguedella@gmail.com  Teléfono 698 169 192

ENLACES WEB: Instagram Chus Guedella  + INFORMACIÓN:  CV Chus Guedella

Faded Trópico

Faded Trópico

Juan Ricardo Pacheco Serpas, Faded Trópico, aterrizou a súa arte polifacética en Redondela. Músico creativo, compaxina a súa expresión melódica (ver en apartado de Música) coa producción pictórica. Gracias ós seus traballos co óleo representa un mundo onírico e colorido (con fortes influencias do surrealismo) onde mezclar símbolos das pegadas que a vida vai deixando no seu interior.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra 1 Faded Trópico   Faded Trópico 2

CONTACTO: Mail: ricardoserpas@gmail.com  Teléfono: 604 022 834

ENLACES WEB: 

Hugo Pazos

Hugo Pazos

Hugo Pazos é un deseñador gráfico e creador de imaxes, logos, cadros, cun deseño personal caracterizado pola limpeza das liñas, hábil xogo de cores básicas e unha forte mensaxe de denuncia social e política.

Imaxes que baten na mente a través da composición, do colorido e do xogo de inversión e ataque dos iconos aprendidos. Deste xeito, Hugo Pazos denuncia artísticamente as múltiples situacións inxustas que vivimos actualmente. 

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Las banderas son fronteras HUGO PAZOS  La vida es maravillosa HUGO PAZOS

CONTACTO: Mail hugo.pazos@hotmail.es  Teléfono: 650 032 520
ENLACES WEB: Blog Hugo Pazos  Instagram Hugo Pazos

J.A. XESTEIRA

 JA Xesteira

José Ángel Gesteira Pazos. (Redondela, 1946). Estudou xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid.

Paralelamente á súa profesión de xornalista, Xesteira mantén dende hai moitos anos unha actividade como artista plástico.

A súa primeira mostra de óleos, en 1965, compartida con Olimpio Giráldez e Manuel Seijas, foi a primeira vez que se montou en Redondela unha exposición artística ao aire libre, nos soportais do Concello; unha mostra que se repetiu 30 anos despois na Casa da Cultura cos mesmos tres artistas).

Dende aquela, e compaxinando co seu traballo xornalístico, levou a cabo un intermitente traballo como pintor e gravador, ao tempo que deseñador de carteis, participando sempre en exposicións colectivas: Taller Forum na sala Círculo y Cuadrado de Sabarís; “Gravado en Vigo” no Centro Comercial Camelias, Taller Experimental de Gráfica de Vigo, que dirixía Raimundo Orozco, na Sala Sargadelos, e 17 Experiencias de Grabado en Soutomaior, tras un curso impartido polos cubanos Choco e Matamoros, no Teatro Principal de Pontevedra. Tamén participou na I Mostra de Minigravado “Cidade de Ourense”.

É deseñador de carteis e portadas de libros. Os seus libros “Phiccións”, no que inclúe dous contos seus, e “Acompañoo no sentimento”, teñen como portada un dos seus gravados e un dos seus cadros.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Xesteira Obra 1  Xesteira Obra 2

CONTACTO: Mail jaxesteira2@gmail.com Teléfono: 986 400 123

Madie

Madie

Madie é unha Maquilladora nada en Chapela. Polifacética. Especializada en maquillaxe profesional e efectos especiais para cine, teatro e pasarela.

Cursou os seus estudos na EISV, 2016-2018.

Madie é unha artista que plasma no seu mundo creativo cheo de colores, texturas e fantasía imaxinativas cheas de influencias do mundo dos comics, videoxogos e artes fantásticas. Pero o soporte que normalmente usa fai que as súas obras sexan tan orixinais, únicas, coma efímeras: a pel. 

Tamén traballa sobre papel, e paredes, como non: non hai límites para unha artista inqueda e voadora.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra Madie  Madie obra 2

ENLACES WEB:   WEb Madie   Facebook Madie  Instagram Madie     

CONTACTO: info@madiefx.com  + INFORMACIÓN:  CV Madie

Marcos Míguez Puhinger

Marcos Miguez Puhinger

Artista autodidacta, pintor, muralista e debuxante.

Desde pequeno mostrou inquietudes polo debuxo e a pintura decidindo fai catro anos, animado pola súa contorna, deixar o seu traballo nunha factoría de automoción para dedicarse de cheo á súa paixón.

Artista versátil que se deu a coñecer polos seus traballos hiperrealistas realizados con bolígrafo Bic pero que cultiva e manexa diversas técnicas e estilos pictóricos; acuarela, acrílico, charcoal, etc.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra Marcos Míguez Puhinger 1   Marcos Miguez Puhinger Obra 2

CONTACTO: Mail mmpuhinger@hotmail.es  Teléfono 655 298 021

ENLACES WEB: 

 Web Marcos Puhinger             

+ INFORMACIÓN:   

Marta Docampo Cabaleiro

Marta Docampo Cabaleiro

Marta Docampo Cabaleiro usa as acuarelas diluindo coas cores as paisaxes figurativos ou semiabstractos, naturais e costumbristas que a rodean. Mediante o pincel debuxa con moita maestría, un mundo preciosista cheo de cores e composicións estudadas. Non son casualidade. Nos lienzos nacen obras de alto nivel pictórico, intimistas, que descobren unha maneira moi persoal de relacionarse co entorno, de vivilo gracias á auga, e ás súas técnicas coloristas.


"Sorprenderse, estar alerta, escoller un camiño, arriscarse, non desanimarse……desanimarse. E aparece unha mancha imposible, unha cor diferente, e a auga segue o seu curso.E agora toca esperar, respetar os tempos e agora actuar deprisa, e seguir…..seguir…..e confiar en que todo saldrá ben. Máxica, difícil e sorprendente acuarela, como a vida." Marta Docampo Cabaleiro

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA

Marta Docampo Cabaleiro Obra 1   Marta Docampo Cabaleiro Obra 2

CONTACTO: Mail maxincoloreado@gmail.com Teléfono 600 393 568

ENLACES WEB:  Web Marta Docampo Cabaleiro   Instagram Marta Docampo Cabaleiro

+ INFORMACIÓN: 

Pablo Giráldez Río, O PASTOR

Pablo Giráldez Río, "O Pastor" é un artista gráfico e escenógrafo (ver artes escénicas) cun gran número de traballos ó seu lombo (ver o CV en + Infomación): libros, CDs, coleccións de carteis (Festival Internacional de Títeres de Redondela, Festival Redondela en Curto, Festa dos Maios,...)

A súa pegada artística, de moi alto nivel, soe mesturar o mundo máxico das cousas cotiás (obxectos que viven con nós nas cociñas, nos armarios) co mundo máxico e surrealista da súa mente artística-mente debuxada. Sempre baixo o prisma da elección premeditadas de cores simbólicas e visualmente chamativas. 

Gráficamente as súas creacións son efectivas e os seus deseños capaces de equilibrar o seu estilo persoal coa efectividade comunicativa. 

Os traballos do Pastor, moi diversos e distintos, son visualmente sempre recoñecibles. E iso, segundo din, é das cousas mais difíciles que se pode decir dun artista.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA

   

CONTACTO: mail: opastormoitotraballa@yahoo.es Teléfono: 607335735

+ INFORMACIÓN:  

 

Paula Martínez Giráldez

Paula Martínez Giráldez

Paula Martínez Giráldez é unha pintora de óleo sobre lenzo. Con todo usa casualmente outra técnicas, como a acuarela, o lapis, carboncillo ou o debuxo dixitalizado.

O seu traballo vira maioritariamente en torno ó mundo figurativo, cun alto número de retratos de personaxes históricos ou momentos craves da Historia do s. XX, así como de estrelas do rock. Nestes dous grandes bloques temáticos, Paula usa unha paleta de cores concreta (branco e negro nos retratos e escenas históricas e azuis nos retratos de estrelas do rock), xogando así coa psicoloxía da cor, tentando coñecer o comportamento do público ante os seus cadros.

Mais alá do mundo pictórico, Paula deixa tamén o seu sinal artístico no deseño gráfico, creando imaxes corporativas, logos e carteis de empresas.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Paula Martinez Giráldez obra 1   Paula Martínez Giráldez Obra 2

CONTACTO: warenderart@gmail.com    Teléfono 697 848 220

ENLACES WEB:     + INFORMACIÓN: CV Paula Martínez

Pilar Fernández Rey

Pilar Fernández Rey

 Pilar Fernández Rey, titulada en Belas Artes, é monitora profesional de artes plásticas. Durante moitos anos especializada na función terapeutica que teñen as disciplinas artísticas nas enfermidades mentais, en DOA Vigo.

Hoxe en día desenrola o traballo dende o seu taller base en Cedeira, onde as súas mans traballan diversas manifestacións artísticas (ver apartado escultura). Mediante a técnica das acuarelas, do óleo e dos gravados, Pilar deixa sair a súa visión colorida, en movemento e equilibrada dun mundo sorprendentemente artístico.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Pilar fernandez Rey Obra 1   Pilar Fernández Rey Obra 2

CONTACTO: Mail pilarfernandezrey@hotmail.com 

ENLACES WEB:   Facebook PIlar Fernández Rey   Instagram Pilar fernández Rey 

Pow Powone

Powone

Pioneiro do grafiti na escena galega, inicia a súa andaina pintando na rúa en 1991, veterano, experto no uso do aerosol, posúe unha ampla e dilatada traxectoria ás súas costas, con múltiples intervencións e obras na súa cidade, así como no resto de cidades galegas e do resto do estado.

Autodidacta, o seu traballo mutou ao longo dos anos, actualmente, a súa obra viaxa da fotografía ao mural directamente, sen trampa nin cartón, un proceso no que sente cómodo e manéxase de maneira precisa, co spray como ferramenta esencial.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

     Powone Obra 2

CONTACTO: powone1977@hotmail.com  Teléfono: 664339701

ENLACES WEB:   Facebook  Instagram  Youtube Powone

+ INFO:  cv Powone

Valentina Todanés

Valentina Todanés

Artista creativa, Valentina Todanes (Valentina Garcìa Abalo), compaxina o traballo da madeira coa expresión artística do óleo sobre lenzo (ver apartado de escultura). Na pintura, Valentina reflexa un mundo cun alto compoñente simbólico e onírico, onde as fortes cores sinalan corpos femeninos en naturezas importantes. Xogando coas texturas (dende cores planas ata sacando rugosidades da pincelada do óleo) atopámonos cunha moi interesante proposta pictórica.

PEQUENA MOSTRA DA SÚA OBRA:

Obra 1 Valentina Todanés   Valentina Todanés Obra 2

CONTACTO: Mail todanes@gmail.com  Teléfono: 619 029 574
ENLACES WEB: Blog Valentina Todanes  Instagram Valentina Todanes

Redondela é Cultura