Entroido de Veran

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O entroido de Verán é unha festa que se celebra en Redondela dende 1998. Empezou sendo unha iniciativa dos locais para mellorar a economía dos negocios da urbe e hoxe en día é unha festa que acolle a unhas 30.000 persoas.

Celébrase sempre o penúltimo fin de semana de agosto e trae consigo unha xornada de música, DJ´s, DragQueens e troula, ademais de actividades para os máis cativos.