Festa dos Maios

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

“Os Maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia dende moi antigo, para conmemorar a chegada da primavera e o remate do cru inverno, e propiciar deste xeito a obtención de boas colleitas. Forma parte do chamado “Ciclo do Maio”, época de exaltación da natureza, da floración das plantas e da aparición dos primeiros froitos.

“Os Maios”, estruturas de madeira cubertas con elementos naturais como brión, flores silvestres, ovos, paus ou froitas, e a esperada chegada á praza do Concello onde se poden escoitar as diferentes coplas que se cantan arredor destas estruturas, inzadas de escarnio, fina sátira e sabedoría popular, todas elas narrando acontecementos de anos pasados. Tamén se celebra un concurso para premiar as mellores figuras segundo a súa tipoloxía e as propias composicións das coplas.
Nestes día, Redondela énchese de optimismo, retranca, fiúncho e de gran colorido e vistosidade.