Festival de artistas na rua

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Unha programación exquisita chea de maxia, música, teatro, clowns e actuacións de todo o tipo enchen as rúas de Redondela a última semana de xullo.

Festival internacional de maxia, música, teatro, clown... Artistas de todo o mundo mostrarán o seu talento e traballo nunhas actuacións realizadas ao aire libre e para todos os públicos. Un escaparate de pobos e culturas de diferentes países tendendo unha ponte entre a diversidade cultural e o mundo do espectáculo.

Ademais únese a todas as actucións a "Redondela Shopping Night" onde os comercios locais permanecerán abertos para animar as rúas con postos  de DJ's, pinchos, "FoodTrucks" e ata obradoiros infantís.