Festival de Titeres

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

FESTIVAL DE TÍTERES DO 14 AO 20 DE MAIO DE 2018


O Festival Internacional de Títeres de Redondela é na actualidade o mellor festival que se celebra en Galicia no que se refire a espectáculos de rúa e é ademais un dos máis punteiros de España. Hoxe en día danse cita neste festival artistas de todo o planeta (dende a India, pasando por Hungría, Kenia, Hong Kong ou Arxentina) no que é unha incrible concentración cultural e artística, que medra ano tras ano, superando no 2012 os 30.000 visitantes segundo os cálculos do propio Concello de Redondela.

A edición de 2007 foi a oitava do festival, e a que consolidou o salto de calidade iniciado xa hai dez anos. Deste xeito o Festival supera o ámbito municipal para converterse en todo un referente artístico, cultural e turístico do sur de Galicia, xa que, na actualidade, colaboran numerosas administracións, dende o propio Concello, á Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

As actuacións que se poden gozar neste festival son de primeiro nivel, tanto as que se executan ao aire libre, nas rúas, coma as realizadas no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira. Ademais de contar cun amplo espectro de modalidades, dende os clásicos monicreques de man, pasando por bonecos a escala humana, bicicletas xigantes, zancudos, teatro de rúa, pallasos, malabaristas, sombras chinesas etc.

Todo isto dá un colorido moi especial á vila de Redondela que se enche nesa fin de semana das actuacións. Tradicionalmente celébrase a finais do mes de maio, polo xeral a última semana do mes.

O Festival pretende ser un escaparate de pobos e culturas tendendo deste xeito unha ponte entre a diversidade cultural do mundo do espectáculo.

http://www.festivaltiteresredondela.com