Igualdade

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Departamento de Muller e Igualdade ten como principal obxectivo a consecución da igualdade real entre mulleres e homes a través do desenvolvemento de actividades e servizos específicos dirixidos a toda a poboación. O departamento traballa co convencemento de que as políticas de igualdade non son excluíntes e competen a mulleres e homes.

Horario de atención:

Persoal: de 09.00 a 14.00 h.

Telefónica: de 08.00 a 15.00 h.

 

ANUNCIOS

BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER E A IGUALDADE PARA O ANO 2018

EXTRACTO DA CONVOCATORIA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MUJER E A IGUALDADE PARA O ANO 2018

Prazo de presentación de solicitudes ata o 20 de septembro (incluído)


ACTIVIDADES

GRUPO DE AUTOESTIMA


Obxectivo: Crear unha rede de apoio e constituír un grupo de axuda.
Poboación destinataria: Mulleres empadroadas en Redondela.

Información: Centro de información ás mulleres (CIM).

Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Conseguir formación e un emprego de calidade
O FSE inviste no teu futuro

 

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN


Obxectivo: Promover a conciliación familiar e laboral das familias do concello de Redondela.

Poboación destinataria: familias con menores con idades comprendidas entres os 4 e 14 anos, cuxa nai/pai ou titor/a legal teña como mínimo un ano de empadroamento no concello de Redondela.

Información: Centro de información ás mulleres (CIM).

Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020

Conseguir formación e un emprego de calidade
O FSE inviste no teu futuro

 

III PLAN DE IGUALDADE

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Redondela creouse no ano 2005, a partir do Decreto 182/2004, do 22 de xullo, da Consellaría de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.É o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada ou en grupo o demanden.

Principios de actuación

O desempeño das funcións propias do CIM está inspirado polos seguintes principios:

1º  O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas.

2º  O respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.

3º  A gratuidade de todos os servizos que se prestasen, e todo iso atendendo á vocación de servizo público.

4º  O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Redondela, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.

Funcións

O CIM desenvolverá as funcións que a continuación se relacionan:

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización cidadá arredor da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento como canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial, difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Concello de Redondela e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de  especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición, facilitando ou informando sobre o acceso aos recursos existentes na comunidade autónoma e no concello a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se axeite ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.

Servizos

  • Servizo psicolóxico.
  • Atención e traballo coa persoa usuaria, ofrecéndolle información, intervención e apoio psicolóxico, ademais de dotala de recursos que lle permitan afrontar os conflitos da vida.
  • Servizo xurídico.
  • Axuda ás mulleres nas súas dúbidas sobre dereito de familia, civil, laboral, administrativo e penal.
  • Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres.
  • Informa, orienta e asesora en materia de igualdade e da planificación de actuacións que favorezan a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade a través da atención ao público do CIM, da recepción das mulleres e derivación á psicóloga e á avogada ou calquera outro servizo municipal, da intervención en igualdade, da información en xeral, da xestión de actividades e da tramitación de subvencións. 

Horario

O Centro de Información ás Mulleres ten un horario de atención presencial ao público de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas.

  • Servizo psicolóxico.

Luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas

(Para asistir a este servizo cómpre concertar unha cita previa, agás se o caso require dunha actuación urxente).

  • Servizo xurídico.

Martes, Xoves e Venres de 9:00 a 14:00 h

(Para asistir a este servizo cómpre concertar unha cita previa, agás se o caso require dunha actuación urxente).

  • Servizo permanente de atención e orientación ás mulleres

Préstase de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e atención telefónica de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas.

Contacto Redondela

Enderezo: Rúa Isidoro Queimaliños, 2  36800  Redondela

Teléfono: 986 40 80 43

Fax: 986 40 26 08

Enderezo electrónico: igualdade@redondela.gal

 

Oficinas Chapela

Avenida de Redondela, 17 (baixos do Pavillón)

Teléfono: 986 45 89 93

Fax: 986 45 88 31

 

 

OPERACIÓN COFINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020


Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social 

O FSE Inviste no teu futuro