Informacion

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela limita ao norte co Concello de Soutomaior, ao leste con Pazos de Borbén, ao sur cos de Mos e Vigo, e ao oeste coa ría de Vigo, que conforma na súa parte máis interior a Enseada de San Simón. Neste contorno desembocan os dous ríos que atravesan o municipio: o Alvedosa e o Maceiras. O río Maceiras percorre a superficie da depresión meridiana e estende o seu leito fluvial dende o alto de Cabeiro ata unirse en Redondela co Alvedosa, que ten o seu nacemento na parroquia de Amoedo (Pazos de Borbén).

O concello conta cunha lonxitude de costa de 18.7 Km, onde destacan as praias de Cesantesa Punta do Cabo e Arealonga, na parroquia de Chapela. A súa superficie en quilómetros cadrados é de 52, e ten trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso.

DESCARGAR O NOMENCLATOR OFICIAL DAS PARROQUIAS E BARRIOS DE REDONDELA

 

MÁIS INFORMACIÓN DA NOSA VILA                                      OUTRA INFORMACIÓN