O colectivo Sinha PACA organiza, coa colaboración da Concellaría de cultura do Concello de Redondela, un certame de maios virtual.
Por mor da alerta sanitaria polo Coronavírus, o Concello de Redondela suspendeu, entre outros eventos, a festa dos maios que se ía celebrar o vindeiro 1 de maio na Alameda de Castelao. Por ese motivo, e xa que temos que estar moito tempo nas nosas casas, o colectivo Sinha Paca pensou en non perder de todo este ano a tradición e organizar uns “Maios Confinados”. A convocatoria abriuse para Maios, Coplas e/ou interpretación. Desta vez, debido ó especial do confinamento, podíase presentar un só Maio, unha sola copla ou unha sola interpretación,....pero tamén con dúas ou tres cousas xuntas!
O que si que non cambiou foi o concurso: haberá premios aos mellores maios, coplas e interpretación presentadas: Os premios consistirán en lotes de libros e entradas para o teatro.
Pero... quen decidirá o Maio/Copla/representación gañador? Pois ti.
E cómo? Pois a través do Facebook da Concellaría de Cultura . Ahí poderás dar a "Gústame" nas imaxes que desexes, e dar así o teu apoio os traballos que mais che gusten.
Deste xeito, ata o 28 de Abril presentáronse 41 Maios. Aquí podes miralos. E votalos. E cantalos. E aplaudilos.
Por estricta orde alfabética
MAIO 5º B COLEXIO PLURILINGÜE DE REBOREDA
MAIO 25 DE AVRIL
MAIO ANGORÉN
MAIO AS PEQUENIÑAS
MAIO CAPM
MAIO CARBALLIÑO RESISTE
MAIO CON FINA-DO
MAIO CON MOLLO DE FIUNCHO
MAIO CONFIMAIO
MAIO CORONAVIRUS
MAIO CORONAVIRUS NUNCA MAIS
MAIO D.E.P. DESVERGONZA E PANDEMIA
MAIO DA CANTEIRA
MAIO DA CAVADA
MAIOS DA ESPERANZA
MAIO DAISY FIGUEROA
MAIO DAS COLIFLORES
MAIO DISQUE
MAIO DO BEN QUERER
MAIO DO CARBALLO
MAIO EN CORENTENA DA CARAMBOLA
MAIO FLORIDO E COLORIDO
MAIO FLORIPONDIO
MAIO FOGARES FLORIDOS
MAIO HERDADO
MAIO MANDALA
MAIO NACEMENTO CONFINADO
MAIO O CARRASCAL
MAIO O CRUCEIRO CONFINADO
MAIO O CRUCEIRO GA-LEGO
MAIO O MORCEGO
MAIO O MUNDO NAS NOSAS MANS
MAIO O PALLEIRO FAISE SEN PALLA
MAIO O SOL VOLVERÁ BRILLAR
MAIO OS DE CATAPEIXE
MAIO OS DE FÓRA
MAIO OS DO CURA
MAIO OS FIGUES DE SAXA
MAIO POBRE SIMÓN
MAIO QUINTO CEIP PLURILINGUE REBO
MAIO RETOMANDO TRADICIÓNS
Lembra: Para poder votar calquera dos traballos aquí recollidos, deberás entrar no Facebook da Concellaría de Cultura de Redondela. Das 00:00 do día 1 de Maio ás 00:00 do 2 de Maio.
Esta páxina usa Pictogramas estandarizados recollidos na web de . Deste xeito construimos unha páxina mais accesible ás persoas con TEA ou ás persoas con outras dificultades comprensivas para aumentar e/ou compensar as dificultades de comunicación e linguaxe de moitas persoas con discapacidade.