Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Máis de 1.100 persoas participaron das rutas e actividades medio ambientais e turísticas desenvolvidas no último ano en Redondela

Concello de Redondela
30-08-2021
0
Máis de 1.100 persoas participaron das rutas e actividades medio ambientais e turísticas desenvolvidas no último ano en Redondela

A Concellería de Medio Ambiente e a de Turismo poñen en valor esta cifra sobre todo en tempos de pandemia e tendo en conta que os grupos foron reducidos. Máis de 1.100 persoas teñen participado das rutas e actividades de eco turismo desenvolvidas desde agosto do 2020 pola Concellaría de Medio Ambiente e a Concellaría de Turismo. Segundo un balance actualizado a data de hoxe, só a ruta das algas acumulou máis de 350 visitantes.

Segundo Roberto Villar, “estas cifras son especialmente boas se temos en conta que se trata dun ano especialmente duro, pola pandemia, e no que os grupos podían ser como máximo de 20 persoas máis o guía”.

Entre as propostas de Medio Ambiente e de Turismo destacan todas aquelas vinculadas con dar a coñecer a Rede Natura 2000 e lugares descoñecidos como a ruta dos Muíños e a que se achega aos tesouros agochados do río Prexegueiro. Tamén as rutas nocturnas destinadas a divulgar todo o patrimonio inmaterial de Redondela gozaron dun gran éxito, contando moitas delas con lista de agarda.

Paseos en kayak, en bici e os obradoiros medioambientais completan a oferta da concellaría de Medio Ambiente neste último ano. Segundo destaca Villar, “nestas actividades que comezamos nós a realizar recibimos visitantes no só de Redondela senón de moitas outras localidades polo que, ademais, teñen sido un importante motor económico para a hostalaría da zona”.