Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Primeiro gato de colonia esterilizado e con chip identificativo propiedade do Concello

Concello de Redondela
18-10-2023
0
Primeiro gato de colonia esterilizado e con chip identificativo propiedade do Concello

Dende a Concellería de Sostibilidade queremos presentarvos a Xan Carallas o primeiro gato de colonia esterilizado e con chip identificativo propiedade do Concello, dando así cumprimento a nova Lei de Benestar Animal. A modo informativo indicar que o Concello de Redondela dende novembro do ano 2019 ven realizando controis de poboación nas colonias felinas de todo o municipio contando coa colaboración da protectora Animais Sen Fronteiras. Polo que a entrada en vigor da nova lei tan só afecta a colocación do chip, dado que o protocolo de actuación que se viña realizando coincide coas directrices marcadas na nova lei.

Dende a Concellería apuntan da importancia da esterilización e a colocación do chip a todas as persoas que conviven con canse gatos, pois estes dispositivos son de gran axuda a hora de localizalos e identificalos cando se perden ou son atropelados, a esterilización evita a proliferación de colonias felinas sen control e camadas non dexesadas que poñen en apuros a moitas familias que conviven con cans e gatos. E como derradeiro apunte recomendamos a todas as persoas que teñan aniamais da espacie felina, que fagan parte da sua vida ao aire libre e dicir fora da casa, cando procedan a operación da esterilización tamén lle realicen a marcaxe auricular prevista na normativa para facilitar a súa identificación e rescate polos servizos municipais no caso de que o animal non regrese ao seu fogar. Hai que lembrar que para proceder a lectura do chip dun gato é preciso capturalo con xaula trampa, un método que non é ,no cal influen moitos factores para capturar ao animal desexado, chegando a tardar días ou semanas en facer a captura animal perdido.