Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Igualdade organiza actividades nos institutos de secundaria con motivo do Día da Memoria Trans

Concello de Redondela
21-11-2019
0
A Concellería de Igualdade organiza actividades nos institutos de secundaria con motivo do Día da Memoria Trans

A programación denuncia a violencia de que son obxecto as persoas trans

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Igualdade que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, en colaboración cos colectivos LGTBIQ+ Irisar, Pvlse, Nós Mesmas e Euforia, desenvolveu no día de hoxe charlas informativas nos institutos de ensino secundario do municipio con motivo da celebración do Día da Memoria Trans.

A maiores das charlas, que correron a cargo dos colectivos LGTBIQ+, o IES Chapela acolleu ás 12:30 horas un acto de recordo co que se pretendeu, non só chamar a atención sobre a violencia que sofren as persoas trans, senón tamén ser un recordo para todas aquelas que morreron vítimas da transfobia.

Digna Rivas, como alcaldesa e como concelleira de Igualdade, sinala a importancia deste tipo de iniciativas de cara a fomentar, entre a mocidade, valores como a tolerancia e a inclusión “sen os que sería imposible construír unha sociedade digna, decente e xusta”.