Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O 23 de abril, celébrase o Día do Libro

Concello de Redondela
22-04-2020
0
O 23 de abril, celébrase o Día do Libro

Este xoves, 23 de abril, celébrase o Día do Libro, e este ano, como non é posible facelo doutro xeito, festexarémolo na casa.

Desexamos, o primeiro de todo, que esteades ben, e animámosvos a que lle deixedes un anaco de tempo á lectura durante estes días, co afán de que esta vos resulte gozosa e satisfactoria.

Durante esta semana pedímosvos que nos enviedes fotografías dos vosos recunchos de lectura, ou tamén daqueles momentos en que esteades a ter encontro co libro (en papel ou electrónicos). Coa vosa axuda, queremos, no mes do libro, facerlle unha homenaxe a ese instrumento que nos está a axudar tanto a sobrelevar este encerro obrigado.

Podedes mandárnolas ás nosas redes sociais:
- Facebook
- Instagram
- Ou a bibliotecachapela@redondela.gal

Tamén podedes compartilas nas vosas publicacións destas mesmas redes sociais co cancelo #quedanacasaele, citándonos nelas como @bibliotecasredondela en Facebook ou @bibliotecas_de_redondela en Instagram.

Botámosvos moito en falta e agradecemos ter novas vosas en forma de instantáneas. Agardamos que podamos voltar á normalidade o antes posible.

Aquí podedes ver algunhas fotos que vos poden servir de inspiración:
https://www.instagram.com/explore/tags/quedanacasaele/

Grazas por estar ahí, e ata pronto!

BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE REDONDELA
- Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela
Paseo da Xunqueira, S.N. Edificio Multiúsos, Planta 1ª
TLF: 986 401 561
bibliotecaredondela@redondela.gal

- Biblioteca P. M. Xela Arias (Chapela-Redondela)
R/ Piñeiral, nº22, Edificio Multiúsos, Planta 1ª
TLF: 986 454 226
bibliotecachapela@redondela.gal