Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Actividade o día 5 de agosto de kayak organizada pola Concellalía de Medio Ambiente

Concello de Redondela
03-08-2021
0
Actividade o día 5 de agosto de kayak organizada pola Concellalía de Medio Ambiente

A actividade consiste na valoración da contorna natural de forma activa, disfrutando e navegando as súas augas, e mostrando todos os valores que posúen estas e os seus ecosistemas asociados a biodiversidade da enseada. Realizaremos paradas divulgativas na illa de San Simón na batea, no illote das Corveiras, no monumento ao Capitán Nemo (tentando observar o bosque de zoostera ou sebe que se atopa nas inmediacións), e outras segundo as inquedanzas do público e as posibilidades da xornada. Desta forma poderemos observar e coñecer de primeira man o valor deste espazo da Rede Natura 2000

Recursos humanos:

-Educador ambiental

-Monitores de kayak (que se encargarán do control do grupo, de axudalos a manterse unidos ao grupo, de remolcar aos usuarios que se cansen e de dinamizar e animar o servizo).

Normativa e seguros:

A actividade conta cos permisos necesarios para a súa realización, e o seguro de R.C. e póliza de accidentes con especificación de seguro de rescate.

 

Saída do Potro de Cesantes, xoves 5 de agosto

Prezo da actividade bonificada: 15€

 

INFORMACIÓN: turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13