Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Departamento de Normalización Lingüística organiza dúas conferencias sobre Castelao

Concello de Redondela
08-01-2019
0
O Departamento de Normalización Lingüística organiza dúas conferencias sobre Castelao

Co gallo das exposicións “Castelao maxistral”, exposta na Cidade da Cultura e organizada pola Xunta de Galicia, e “Alba de Gloria”, exposta no San Domingos de Bonaval e organizada polo Consello da Cultura Galega, o Concello de Redondela, por medio do seu Servizo de Normalización Lingüística, quere contribuír á difusión de Castelao. Por esta razón organizáronse dúas conferencias.

A primeira, o día 17 de xaneiro na Casa da Cultura ás 19:30, a cargo de Miguel Anxo Seixas. Este ensaísta presentou o pasado ano a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela dedicada á conformar a biografía máis completa e detallada do rianxeiro. En breves datas sairá da Editorial Galaxia un volume que resume esta monumental investigación froito de varios anos de traballo.

A segunda conferencia, o día 24 de xaneiro tamén na Casa da Cultura ás 19:30, a cargo de Carlos López Bernárdez. Unha das pólas da súa investigación centrouse na pintura galega. É autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia e foi comisario de numerosas exposicións de arte galega.

Ademais destas conferencias tamén se colocará en vindeiros días unha mesa vitrina nas instalacións municipais que mostran o libro Cousas da vida de Castelao, os seus debuxos humorísticos e retranqueiros.