Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Acto institucional polos 35 anos da Lei de normalización lingüística

Concello de Redondela
13-06-2018
0
Acto institucional polos 35 anos da Lei de normalización lingüística

Este venres 15 de xuño, ás 12h, haberá un acto institucional diante da Casa da Cultura (Praza de Figueroa) para celebra-lo 35 aniversario da Lei de normalización lingüística, aprobada polo Parlamento de Galicia en 1983.

No acto participarán o presidente do Parlamento de Galicia (Miguel Santalices), o secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia (Valentín García), o alcalde de Redondela (Javier Bas), Xosé González (creador e primeiro responsable do SNL) e Xurxo Martínez González (técnico de normalización de Redondela).

Haberá unha actuación musical de Luís Emilio Batallán e, ó rematar, descubrirase unha placa como lembranza e homenaxe ó traballo pioneiro de Redondela na galeguización da Administración municipal.