Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello inviste máis de 66 000 euros na mellora do pavimento deportivo de “La Bombonera”

Concello de Redondela
14-06-2022
0
O Concello inviste máis de 66 000 euros na mellora do pavimento deportivo de “La Bombonera”

A superficie da única pista do pavillón, moi desgastada, será recuberta cun pavimento deportivo aerea-elástico con acabado e madeira de faia.

O Pavillón Polideportivo Municipal 'As Marismas', coñecido popularmente como La Bombonera, está a ser obxecto de obras de mellora que renovarán, por completo, a única pista que alberga a instalación e que ten un claro estado de desgaste que dificulta a práctica deportiva.

Os traballos desenvolvidos pola Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, consistirán no recubrimento da actual pista cun pavimento deportivo aerea-elástico con acabado en madeira de faia, para o que se traballará sobre unha superficie total de 1001,51 metros cadrados.

“Escolleuse este tipo de pavimento por ser específico para pistas polideportivas nas que se practica o balonmán e fútbol sala, as dúas modalidades deportivas que principalmente se desenvolven nesas instalacións, pero tamén recomendado para baloncesto, voleibol e bádminton”.

As obras, que contan cun investimento de 66 561,59 euros (IVE incluído) consistirán no estendido, en toda a superficie da pista, dunha subbase de espuma de poliuretano flexible de 15 mm e unha barreira antihumidade a base de lámina de polietileno.

Sobre esta base colocarase unha capa de listóns de contrachapado fenolico de 12 mii sobre a que irá unha capa de madeira de faia con acabado de barniz de Bona UV sportive específico para o uso deportivo.

O espesor total do novo pavimento, sobre o que posteriormente se pintarán as liñas para a práctica dos distintos deportes, será de 41 milímetros