Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela continúa ampliando a programación do 8M con obradoiros enfocados a educación en igualdade durante a adolescencia e a infancia

Concello de Redondela
08-03-2023
0
Redondela continúa ampliando a programación do 8M con obradoiros enfocados a educación en igualdade durante a adolescencia e a infancia

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer os obradoiros “8M pola igualdade de oportunidades” e “Os nosos corpos, as nosas normas”, dúas inciativas que amplían a programación do 8M do municipio e que está dirixido a alumnos e alumnas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Formación profesional, así como as súas familias. “Uns obradoiros enfocados á educación que completarán a programación do 8M aportando información e contidos sobre problemáticas como a división sexula do traballo ou a desigualdade existente entre homes e mulleres. Ademais aportará o coñecemento adecuado para responder ante situacións de extrema-importancia como conductas anormais ante a relación cos corpos na adolescencia e ferramentas para reducir o impacto nas conductas inadecuadas no ámbito familiar”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Estes obradoiros estarán impartidos, nos centros educativos interesados, por Técnicas e Educadoras Sociais en materia de igualdade e comezarán este mes, alongándose o que sexa preciso dependendo da demanda. “Xa está todo posto en marcha para que comecen a apuntarse os centros”, engade Rivas.

A rexidora local quere lembrar que a oferta formativa continúa con charlas e obradoiros tamén para persoas adultas pois, “o 10 de marzo celébranse as III Xornadas Gemma Pereira Otero. Muller e Igualdade. Unha Charla-coloquio enfocada ao público máis adulto chamada “Emprendemento no Rural” con Rosa Arcos, fundadora da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur nas oficinas de Turismo (Isidoro Queimaliños,2. Redondela) ás 19:00h. Interveñen ás redondelás Manuela Domínguez Rodríguez (Zona Verde Jardinería), Ana Míguez Dacosta (Héroes pola Ciencia) e Cinthya Roldán Dosío (Mariñeira).