Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Autoridade Portuaria de Vigo ningunea Redondela

Concello de Redondela
29-12-2022
0
A Autoridade Portuaria de Vigo ningunea Redondela

A Autoridade Portuaria de Vigo ningunea o Concello de Redondela. O Concello rexeita, unha vez máis,  converter o Estreito de Rande, nun espazo industrializado como pretende a APV, ao utilizar o Peirao da Pedra como almacén para a empresa Atlánticas Vigo, S.L. que non conta con licencia de actividade do Concello de Redondela.

 O Concello rexeita, unha vez máis,  converter o Estreito de Rande, nun espazo industrializado como pretende a APV, ao utilizar o Peirao da Pedra como almacén e taller de reparacións para a empresa Atlánticas Vigo, S.L. que non conta con licencia de actividade do Concello de Redondela.

Digna Rivas deixou claro o seu “profundo malestar” ante o que cualifica de “política escurantista” da APV que, en ningún momento, informou ao Concello das actividades de almacenamento no antigo cargadoiro de granito de Rande cedidas a empresas privadas como Terminales Atlánticas Vigo, S.L. e  no Peiro de Pedra pola empresa Stellantis”.

Desde o pasado 2 de decembro iniciouse o denominado Peirao da Pedra, na ensenada de S. Simón, outra nova actividade portuaria de estacionamento de vehículos procedentes de fábrica Stellantis.

“Non conformes con usar o antigo cargadoiro de granito para depositar contedores sen autorización da empresa Terminales Atlánticas Vigo, S.L. , comezaron a almacenar vehículos de Stellantis. Polo que é imprescindible alertar do risco medioambiental , así como do risco que provocan as manobras de xiro que fan os camións de descarga na N-552, invadindo o carril de dirección contaria nun tramo de pouca visibilidade”, explica a alcaldesa, digna Rivas.

Isto supón un risco tanto para condutores que usan esta estrada como para os peóns que circulan pola beiravía debido a que non existen na zona beirarrúas e na proximidade hai un centro de ensino que tamén orixina intenso tránsito de transporte escolar.

O Concello de Redondela realiza actividades periódicas de vixilancia, control urbanístico e medio ambiental das actividades portuarias do Porto de Vigo no termino municipal de Redondela e acorda informar a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón de todos os movementos, co obxecto de abordar esta problemática. “Temos unha reunión coa plataforma despois das festas do nadal para sumar forzas e demandar  a paralización inmediata da actividade de estacionamiento de coches no Peirao da Pedra. Así como a retirada sen riscos para a circulación  os peóns, os coches xa estacionados. O obxectivo é coordinar coa xefatura da Guardia Civil de Tráfico a vixilancia e control para impedir as infraccións de tráfico nas operacións de transporte”, explica Rivas.

Nesa liña, o Goberno redondelán considera necesario  “evitar a ocupación innecesaria de solo e os efectos negativos sobre a Rede Natura 2000 e concretamente a enseada de San Simón, favorecer a actividade vinculada aos valores e potencialidades ambientais como garantía para manter a paisaxe e, nesa liña, maximizar a protección de espazos ou elementos de interese natural”.

Se todo isto non fora suficiente, hai que sumar o informe medioambiental do 16 de decembro, no que se recolle as consecuencias dos vertidos probocados por un fallo interno dun cargueiro de contedores localizado na ensenada de Rande, con risco para o medio ambiente. O portacontedores Wec Vermeer, foi retido ata o mércores 21 de decembro  no muelle situado en Punta Castiñeira, en Rande. “Este informe enviado a Autoridade Portuaria de Vigo non tivo resposta e non imos consentir o desprezo constante ao concello, polo que tomaremos as medidas necesarias”, conclúe Rivas.