Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A nave do aparcamento de Vilavella se derrrumbará cando se autorice o proceso de retirada do amianto

Concello de Redondela
30-01-2023
0
A nave do aparcamento de Vilavella se derrrumbará cando se autorice o proceso de retirada do amianto

A nave do aparcamento de Vilavella se derrrumbará cando se autorice o proceso de retirada do amianto. O 27 de decembro solicitouse a autorización á Xunta de Galicia da retirada do amianto para poder derrubar a nave de Vilavella.  Este é un procedemento imprescindible para comezar a obra de forma segura. O 27 de decembro solicitouse a autorización á Xunta de Galicia da retirada do amianto para poder derrubar a nave de Vilavella, requerido por última vez o 17 de xaneiro de 2023.  Este é un procedemento imprescindible para comezar a obra de forma segura. Segundo a alcaldesa Digna Rivas “a retirada do amianto é un proceso necesario e que conleva un risco, polo que ten un procedemento concreto e minucioso para poder facer a obra sen que ningún técnico/a, operario/a ou veciño/a corra perigo. Isto supón unha pequena demora, pero dende o goberno local aseguramos que estamos con tódolos trámites necesarios para cumprir coa legalidade e continuar o proxecto dentro de prazo”. Dende o concello explican que xa tiñan en conta o amianto dentro do plan do proxecto e que “todo continúa o seu curso normal e é moi importante seguir o transcurso legal”. En canto reciban a autorización comezarán co derrubo da nave.

PROXECTO

Este é un proxecto financiado pola Diputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2022-2023 e forma parte do plan que transformará completamente a Praza de Ponteareas, unha das principais vías de entrada ao casco urbano. O estacionamento proxectado “contará con decenas de prazas e permitirá dispoñer dun espazo próximo ao centro urbano e continuar coa transformación iniciada polo Goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”, explica a alcaldesa Digna Rivas. A estratéxica situación do aparcadoiro disuasorio –xusto na entrada do centro urbano– permitirá a desmasificación de estacionamentos de vehículos que, diariamente, se produce nas beiravías da estrada. Este aparcadoiro complementará aos dous aparcadoiros libres existentes no casco urbano reforzados polo aparcadoiro soterrado da Xunqueira. Coa transformación da parcela situada a carón do convento de Vilavella, ata agora propiedade da firma Building Centera, o Goberno redondelán cumpre un dobre obxectivo: por unha banda gáñase un novo espazo para a cidadanía e por outra, derrúbase unha nave situada a carón dun ben patrimonial como é o convento de Vilavella. A maiores, a actuación ten un beneficio medioambiental engadido xa que o solar linda co río e conecta co paseo do Salgueiral.