Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela enmudece para lembrar a Beatriz Lijó Gesteira vítima de asasinato machista en Baiona

Concello de Redondela
06-02-2023
0
Redondela enmudece para lembrar a Beatriz Lijó Gesteira vítima de asasinato machista en Baiona

O Concello de Redondela convoca unha concentración o martes 7 de febreiro ás 20:00 horas da tarde na Praza do Concello para que, en silencio, os veciños e veciñas poidan expresar a indignación ante o asasinato machista de Beatriz Lijó Gesteira. Desta forma, Redondela reafirmar o compromiso social na loita contra as violncias machistas.

A alcaldesa Digna Rivas, asegurou “ser incapaz de expresar a rabia e indignación que me produce o terrible suceso de Baiona”. Rivas foi clara ao afirmar que a sociedade ten que loitar “unida e sen fisuras” contra a barbarie que supón a violencia machista, “unha violencia –engadiu á rexedora local– fronte á que non caben medias tintas nin ambigüidades e aqueles que negan a existencia deste violencia machista, son complices da mesma”.

Digna Rivas asegura que estes feitos “son un golpe moi duro para aquelas e aqueles que cremos e loitamos pola igualdade, pero que a ninguén teña a menor dúbida que seguiremos nesta pelexa ata conseguir poñer fin aos asasinatos machistas que supoñen unha auténtica lacra social”.