Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela prepárase para vivir unha fin de semana chea de deporte cos abertos de Tenis e Pádel 'Memorial Sesé López' e a Carreira Popular Infantil

Concello de Redondela
27-08-2021
0
Redondela prepárase para vivir unha fin de semana chea de deporte cos abertos de Tenis e Pádel

Redondela prepárase a vivir un fin de semana cheo de deporte cos partidos dos abertos de tenis e pádel 'Memorial Sesé López' que se disputarán nas pistas municipais. O aberto de tenis, que comezaba os seus encontros o pasado día 21, entra na súa recta final para todas a súas categorías (feminina absoluta e dobres e masculina +45, absoluta e dobres) para rematar coas finais o domingo 29.

No que ao aberto de pádel fai referencia, disputarase os días 27, 28 e 29 de agosto tanto nas categorías feminina (1ª e 2ª) como na masculina (1ª, 2ª e 3ª)

Doutra banda o sábado 28 de agosto, a partir das 19:30 horas, terá lugar a Carreira Popular Infantil con categorías que irán dende a Sub8 á Sub18. A proba, organizada pola Concellería de Deportes que xestiona Nacho González, conta coa colaboración da Asociación Deportiva CAR (Club Atletismo Redondela).