Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Abril é o mes do Libro

Concello de Redondela
08-04-2020
0
Abril é o mes do Libro

Sabemos que este Abril non está a ser igual que ningún outro que teñamos vivido en anos anteriores, e que aínda nos queda agardar un pouco máis para que a situación se normalice. Tamén sabemos que, polo menos, dentro do malo da situación, a lectura e o libro están a ocupar un papel moi importante nas nosas horas de confinamento, e non deixamos de darlle as grazas.

Dende as biblotecas pedímosvos que nos axudedes a darlle as grazas aos libros e á lectura, enviándonos ou compartindo fotografías nas vosas redes sociais. Nelas vos pedimos que nos amosedes como estades a vivir este confinamento con libros (en papel ou electrónicos), ou ben que nos ensinedes os vosos recunchos de lectura favoritos, ou que compartades co nós os momentos nos que estades a ler.
Queremos, no mes do libro, facerlle unha homenaxe a aqueles que nos están a facer levar mellor este encerro obrigado.

Podedes mandárnolas ás nosas redes sociais:

- Facebook

- Instagram

Ou compartilas nas vosas publicacións destas mesmas redes sociais co cancelo #quedanacasaele, citándonos nelas como @bibliotecasredondela en Facebook ou @bibliotecas_de_redondela en Instagram.

Botámosvos moito en falta e agradecemos ter novas vosas en forma de fotografías. Agardamos que podamos voltar á normalidade o antes posible.

Aquí podedes ver algunhas fotos que vos poden servir de inspiración:
https://www.instagram.com/explore/tags/quedanacasaele/

Grazas por estar ahí, e ata pronto!