Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Curso "Activa a túa mente"

Concello de Redondela
06-10-2021
0
Curso "Activa a túa mente"

 

Aberta a inscrición para as clases 'Activa a túa mente' dirixidas as persoas maiores do municipio. A actividade desenvolverase no multiúsos da Xunqueira, en Redondela e no multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Que os nosos maiores poidan traballar en capacidades que melloren a coordinación, memoria e concentración, todo dun xeito entretido e divertido, é o obxectivo do programa Activa a túa mente posto en marcha pola Concellería de Servizos Sociais que xestiona Iria Vilaboa.

Trátase dunha iniciativa dirixida as persoas maiores nas que desenvolverán experiencias sensoriais, xogos interactivos e diversas actividades que permitirán reforzar e mellorar a atención, incrementar a agudeza auditiva e visual e previr o deterioro da memoria, “aspectos que contribúen a mellorar a súa calidade de vida”, explica a concelleira.

A inscrición para as clases, tanto en Chapela como Redondela, abrirase mañá xoves 7 de outubro e permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de outubro. Os impresos, que deberán ser presentados debidamente cubertos, pódense retirar nas oficinas do Rexistro Xeral –tanto na Casa do Concello de Redondela como en Chapela– ou na páxina web do Concello.

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN ACTIVA A TÚA MENTE

Para que sexa máis doada a participación dada a alta demanda que ten esta actividade, o multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá tres grupos: os mércores de 09.30 h a 10.45 horas; os venres de 09.30 horas a 10.45 h e os venres de 11 h a 12.15 horas. Pola súa banda, o multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela, impartirá as clases os xoves de 10 h a 11.15 horas e de 11.30 h a 12.45 horas.

Á hora de inscribirse, as interesadas e interesados deberán marcar o horario da súa preferencia . No caso de que algún dos horarios no acaden o mínimo de 10 participantes, non se crearía o grupo e as e os as persoas solicitantes serían incluídas na segunda opción marcada.