Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Éxito da actividade medioambiental RECOLLIDA DO LIXO DO PASADO

Concello de Redondela e Voz de Galicia
28-08-2019
0
Éxito da actividade medioambiental RECOLLIDA DO LIXO DO PASADO

O pasado venres 30 de Agosto dende as 10 ata as 12:30 horas, a concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela organizou unha xornada de limpeza na praia de Penedos de Chapela, coa colaboración da Asociación de Veciños de Chapela.

Preto de 21 persoas recolleron pedras, ladrillos e vidro, entre outros restos. Aínda que o espazo segue moi afectado polos vertidos de escombros que se fixeron no pasado. En colaboración coa Asociación de Veciños de Chapela, recolleron uns doce capachos durante as dúas horas e media que durou a limpeza de maneira selectiva, é dicir, a man.

Nesta actividade tamén participaron achegando medios tanto a concellería de Vías e Obras como a concellería de Participación Cidadá. Aquí están varias fotos da recollida:

           

 

 

   


x