Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela presenta actividades para o fomento da corresponsabilidade

Concello de Redondela
02-12-2022
0
Redondela presenta actividades para o fomento da corresponsabilidade

A Concellería de Igualdade impulsa actividades enfocadas a toda a familia para o fomento da corresponsabilidade. Estas inclúen unha xincana de tarefas domésticas aberto ao público e un curso de formación en corresponsabilidade, igualdade de xénero e novas masculinidades enfocada ao funcionariado do Concello. A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela lanza un porgrama de actividades co apoio da Xunta de Galicia, dentro do “Plan corresponsales”, enfocadas a toda a familia para o fomento da corresponsabilidade.

A primeira destas é aberta o público e desenvolverase o 5 de decembro de 15 horas a 19 horas no Multiúsos da Xunqueira e o 9 de decembro no mesmo horario no Muliúsos do Piñeiral (Chapela). A actividade consiste nunha xincana na qu epode participar o núcleo familiar cos nenos e nenas sobre tarefas domésticas. Nas que entre todos e todas terán que desenvolver certas tarefas como planchar ou cociñar dende unha perspectiva de xogo educativo para fomentar a igualdade. Empregarase metodoloxía dinámica e participativa na que as/os menores participantes aprendan e practiquen labores básicas da convivencia no fogar.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “ten como obxectivo a sensibilización e a formación en corresponsabilidade e coidados destinadas ás familias para promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito de coidados”.

A inscrición está aberta hata completar prazas (Redondela 986402865 e Chapela 986454226).

A outra das actividades dentro do mesmo programa consiste nun curso de formación en corresponsabilidade, igualdade de xénero e novas masculinidades enfocada ao funcionariado do Concello. A duración será dunha sesión de hora e media, nas que un profesional dará unha charla e estará aberto as cuestións dos traballadores e traballadoras sobre a perspectiva de xénero.